O TSXG frea o polígono industrial proxectado no Monte Pituco, "balcón" da Ría de Pontevedra
O tribunal declara firme a sentenza que en maio lle ordenou á Xunta excluír o polígono Marín-Pornedo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia. Colectivos sociais levan anos alertando do prexuízo medioambiental, paisaxístico e patrimonial que o proxecto tería
Outubro en Cangas: Un espazo para amosar que outro mundo é posible
Cangas acollerá os vindeiros 7 e 8 de outubro a Mostra do Posible, un espazo para que movementos sociais e empresas de economía solidaria dean a coñecer a súa actividade. Obradoiros e charlas darán a coñecer alternativas na economía, consumo, enerxía ou no xornalismo.
Santiago acha os papeis que certifican que as esculturas en mans dos Franco son propiedade municipal
O alcalde, Martiño Noriega, anuncia que o Concello atopou a documentación que demostra que as figuras de Abraham e Mateo que posúe a familia do ditador pertencen ao municipio
Morre Francisco Lores, presidente da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina
Nacido no Grove, Lores contaba 83 anos e levaba no país austral dende os 18. Mantivo toda a súa vida unha intensa actividade en defensa dos dereitos dos emigrantes e tamén a prol dos dereitos humanos. Será soterrado no cemiterio da Chacarita
Carne Cruda, este sábado no FicBueu e en directo
O programa de radio dirixido por Javier Gallego emitirase dende Bueu para celebrar o 10º aniversario do Festival Internacional de Curtas. Fariña, a nova serie sobre o narcotráfico, e unha entrevista á actriz Nieve de Medina, Premio Honorífico desta edición do certame, entre os contidos
O CEMMA confirma a presenza dunha balea azul na Ría de Muros
Trátase da primeira vez que se pode ver na costa galega un exemplar do animal máis grande do mundo. Foi gravado na zona dos Virullos, na boca da ría, por un barco pesqueiro e o gardacostas Paio Gómez Chariño
#FreeAbrahamIsaac: campaña para recuperar as figuras do Pórtico da Gloria en mans dos Franco
O programa 'El Intermedio' lanza o cancelo nas redes sociais e chama a "liberar os dous últimos presos do franquismo", en referencia ás esculturas en propiedade da familia do ditador
A cidadanía coruñesa vota xa como repartir os 3 millóns de euros dos orzamentos participativos
Ata o 24 de setembro poderase escoller entre 141 propostas, tras unha peneira técnica que as seleccionou entre as 628 presentadas. Mobilidade, peonalización, zonas verdes e arborado e outros investimentos en infraestruturas son as iniciativas máis numerosas.
O 1-O ou por que o pobo catalán está facendo historia
Praza Pública
A toponimia de Lugo e as súas orixes xa están recollidas nun libro
O Concello edita o traballo de Carlos Vázquez, que "enche un oco dentro da etimoloxía toponímica do municipio" e supón "o primeiro tratado que se fai deste tipo" na localidade
Nace Áncora, un espazo para apoiar longametraxes galego-portuguesas
O proxecto axudará a filmes nunha fase de produción avanzada a completar os seus proxectos en condicións óptimas e entregará 11 mil euros divididos en dous premios: o Premio Cinemar Films e o Premio NUMAX.
Adeus a Xohana Torres, voz imprescindible e referencia das letras galegas
A escritora faleceu este martes en Vigo aos 85 anos de idade tras unha inxente obra poética, teatral, narrativa e de literatura infantil e con importantes achegas na radio, na prensa e na defensa da cultura e da lingua galega