A maioría das xornalistas galegas sufriu comentarios ou actitudes machistas no seu traballo acoso ou agresión sexuais na contorna laboral e unha porcentaxe importante sufriu, ademais, situacións de acoso ou agresión sexuais no seu traballo. É unha das principais conclusións dunha consulta realizada nas últimas semanas polo colectivo Xornalistas Galegas, que se puxo en contacto con 127 traballadoras do sector en Galicia para visibilizar situacións vividas no exercicio profesional do xornalismo ou da comunicación arredor do acoso sexual.
A entidade destaca que a consulta "non ten ánimo estatístico, senón que serve de aproximación a unha cuestión sobre a que medra a conciencia, tanto social como interna, no seo da profesión"
A asociación presentou os resultados desta consulta este mércores, a poucos días da celebración do 25N, Día internacional para a erradicación da violencia de xénero. A maioría das profesionais que respostaron (60%) ten entre 36 e 50 anos, seguidas pola franxa de entre 20 e 35 anos (20%) e a que vai de 51 a 56 (20%).
A investigación difunde as súas conclusións de xeito cuantitativo, pero tamén cualitativo, achegando o relato testemuñal das profesionais. A entidade destaca que a consulta "non ten ánimo estatístico, senón que serve de aproximación a unha cuestión sobre a que medra a conciencia, tanto social como interna, no seo da profesión".
Tres de cada dez afirma que tivo que soportar ou ser testemuña de acoso ou agresión sexuais na contorna laboral
Mesmo así, as cifras que achegan serven para poñer de relevo a frecuencia na que se producen este tipo de situacións, que van moito máis alá de casos illados ou dun carácter anecdótico. Así, entre as 127 mulleres consultadas, tres de cada dez afirmou que tivo que soportar ou ser testemuña de acoso ou agresión sexuais na contorna laboral. Ademais, case oito de cada dez (78%) asegura que sufriu en primeira persoa comentarios ou actitudes machistas no seu traballo por parte de compañeiros, xefes, clientes ou fontes. E, finalmente, o 86% foi testemuña de comentarios ou actitudes machistas cara a outras mulleres.
Xornalistas Galegas preguntoulles ademais ás 127 mulleres consultadas polo seu coñecemento en relación aos protocolos contra a violencia machista ou agresións. A este respecto, o 58% das xornalistas consultadas afirma que no seu posto de traballo non existe un protocolo de acoso ou agresión (40,9%) ou que descoñecen a súa existencia (17,3%). Alén, o 46% das xornalistas en cuxo lugar de traballo existe un protocolo de acoso ou agresión non saben en que consiste (e o 19% teñen só unha lixeira idea). En xeral, a inmensa maioría (81%) das xornalistas e comunicadoras galegas consultadas considera que a empresa na que traballan non informa correctamente dos protocolos de acoso ou agresión.
O 81% das xornalistas e comunicadoras galegas consultadas considera que a empresa na que traballan non informa correctamente dos protocolos de acoso ou agresión
Nos testemuños achegados polas xornalistas e comunicadoras "repítense os esquemas machistas independentemente do ámbito da comunicación no que as profesionais desenvolven o seu traballo: comentarios incómodos, tocamentos, chantaxe sexual, presións, violencia das fontes, acoso ás bolseiras e abusos de poder son denuncias recorrentes", destaca a asociación.
Un deles incide especialmente no papel que xogan os superiores e pode servir como exemplo de moitas outras denuncias neste mesmo senso: “case todas as situacións incómodas que presenciei están relacionadas con abuso de poder por parte dos xefes”. Dende Xornalistas Galegas saliéntase que estas "cúpulas directivas das empresas e entidades de comunicación" estiveron "tradicionalmente copadas por homes" e, aínda a día de hoxe, están "carentes da perspectiva de xénero necesaria non só á hora de aplicala aos contidos, senón tamén ás condicións nas que as xornalistas desenvolven o seu traballo diario".
As "cúpulas directivas das empresas e entidades de comunicación" estiveron "tradicionalmente copadas por homes" e, aínda a día de hoxe, están "carentes da perspectiva de xénero necesaria non só á hora de aplicala aos contidos, senón tamén ás condicións nas que as xornalistas desenvolven o seu traballo diario"
Entre os relatos recollidos por Xornalistas Galegas aparecen, por exemplo expresións do tipo "porque estás casada, que, se non, non me escapabas” ou comentarios "sobre a vestimenta; sobre outras funcións que debería exercer, extralimitándose da súa responsabilidade profesional sobre min", correos "falando do que suscitaba nel a presenza de determinada muller", ademais de "acoso sexual directo: bicos ou tocamentos non consentidos”.
Outra das testemuñas relata: “O meu ex é xefe nun xornal do que era colaboradora. Déronse situacións moi desagradábeis de abusos, chantaxes e agresións, até dicir que, se me separaba, encargaríase de que non volvese traballar para ningún medio”. Outra lembra “berros cara a min, descualificacións, comentarios sobre a miña vestimenta ou a vestimenta das miñas compañeiras en ton despectivo ou de connotacións machistas”. Outra denuncia que “recibín masaxes nos ombreiros por parte dun superior”.
“Fun despedida por negarme a deixar entrar ao director dunha produción audiovisual á miña casa tras unha cea de traballo” ou “A unha compañeira un xefe obrigouna a ter sexo con el e varios xefes máis baixo presión” son algúns dos testemuños recollidos
Unha das xornalistas entrevistadas relata outra experiencia de acoso sexual continuado: “Cando traballaba na prensa, acabada de saír da facultade, ao peche, en máis dunha ocasión o xefe da redacción pedíame que ‘lle dese unha volta’ a algún titular coa intención de que quedara máis tempo ata estar case sós, momento no que aproveitaba para tontear descaradamente ou insinuarse. Aprendín, grazas a outras compañeiras que xa o sufriran, a apurar moito e deixarlle as páxinas á xefa de sección para así non ter que quedar con el”.
Os comentarios sexuais nas redacción dirixidos ás compañeiras (especialmente ás subordinadas) son frecuentes: ‘A próxima vez contrato unha bolseira cachonda, que polo menos nos aleda a vista’” , “cando vaias facer esa entrevista, leva escote”. Ata chegar a casos máis graves como os que relata outra das xornalistas consultadas: “Fun despedida por negarme a deixar entrar ao director dunha produción audiovisual á miña casa tras unha cea de traballo”. Ao igual que estoutra: “A unha compañeira un xefe obrigouna a ter sexo con el e varios xefes máis baixo presión”.
A entidade subliña, así mesmo, que "moitas xornalistas atopan nos seus compañeiros parte do problema no canto de aliados para a solución. As insinuacións sexuais, os clixés sexistas e, no peor dos casos, a agresión sexual física son unha realidade"
E é que, como destacan Xornalistas Galegas no seu informe, a "cousificación e sexualización das mulleres é unha constante tamén no ámbito da comunicación", sinalando que "as alusións ao físico constitúen outro dos principais alicerces das prácticas machistas que as mulleres da comunicación de Galicia perciben no seu ámbito profesional. Son frecuentes os comentarios sexuais, pero tamén os xuízos de valor sobre o físico das xornalistas que acaban por condicionar a actividade profesional"
“Hai compañeiros que comentan de xeito lascivo a vestimenta doutras traballadoras. A min mesma dixéronme nunha ocasión: ‘Se puidera, arrincábache a camisa’. Foi diante doutro compañeiro. Houbo risas. Non volvín poñer esa camisa”, destaca unha das testemuñas. Ou estoutra: “Repítense comentarios como: traes a saia moi curta, estás para que che poñan un piso… e opinións innecesarias sobre o aspecto físico: estás moi fraca ou moi gorda”.
A entidade subliña, así mesmo, que "moitas xornalistas atopan nos seus compañeiros parte do problema no canto de aliados para a solución. As insinuacións sexuais, os clixés sexistas e, no peor dos casos, a agresión sexual física son unha realidade inaceptable que se vive no seo dos medios de comunicación". “Os homes facían listas de corpos, tetas, cús. Tivemos que aturar, eu e outras compañeiras, moitos comentarios e chistes de dobres sentidos, convites sexuais e comentarios sobre o noso aspecto”, destaca unha das consultadas.
As fontes e entrevistados tamén aparecen entre os causantes de situacións de acoso, "desde insinuacións e comentarios inapropiados a acoso e chantaxe co uso do sexo como ponte para obter información", sinálase
E outras sinalan situacións nas que se chegou á agresión “Sufrín agresión, como tocamentos non desexados, por parte dun compañeiro cando traballaba en prensa escrita” ou “Traballei na radio e sufrín acoso sexual e físico e laboral durante anos por parte de dous ex compañeros da emisora. Un deles agrediume fisicamente”. Tamén hai casos de envios non desexados de fotografías de xenitais e, igualmente, de comentarios despectivos "estás menopausica" ou de rumores sexuais malintencionados: “descubrín que alguén fixera correr o rumor de que eu mantivera unha relación cun xefe para conseguir un ascenso”.
As fontes e entrevistados tamén aparecen entre os causantes de situacións de acoso, "desde insinuacións e comentarios inapropiados a acoso e chantaxe co uso do sexo como ponte para obter información", sinálase.
A maternidade engade novos machismos de todo tipo, que afectan á valoración do traballo que a profesional realiza e que dificultan a conciliación e o desenvolvemento da súa carreira laboral
A maternidade engade novos machismos de todo tipo, que afectan á valoración do traballo que a profesional realiza e que dificultan a conciliación e o desenvolvemento da súa carreira laboral: “Un redactor xefe chamándolle nugallá a unha compañeira que tivera un fillo, dicindo que abondo era que lle deixaran horas libres pola mañá (tiña a redución de xornada legal) para privalo de verlle as curvas”. Outra destaca: “O delegado dixo, cando unha compañeira marchou por baixa de maternidade, que xa lle gustaría a el ir tanto tempo de vacacións, que ía quedar embarazado para desfrutar de todo ese tempo libre”.
De igual xeito, denuncia Xornalistas Galegas, "son moitas as profesionais que se senten ninguneadas só polo feito de seren mulleres. A credibilidade e a proxección profesional das xornalistas queda en entredito ante as miradas machistas que proliferan en todo o ámbito xornalístico: xefaturas, fontes, contorna… Esta situación agrávase de xeito alarmante no xornalismo de deportes, onde a pervivencia de actitudes machistas é elevada".
A falta de perspectiva feminista nas ondas leva a testemuños que confirman que os poderes das redaccións radiofónicas outorgan maior credibilidade ás voces dos homes
Na radio destaca neste senso a hexemonía das voces masculinas na radio, onde "a falta de perspectiva feminista nas ondas leva a testemuños que confirman que os poderes das redaccións radiofónicas outorgan maior credibilidade ás voces dos homes". “Un director da radio díxome que prefería que un home presentase o informativo porque ‘a voz masculina ten máis credibilidade’”, asegura unha das consultadas. Otra lembra que fixo un curso de periodismo deportivo radiofónico hai máis de dez anos "e que un dos relatores (director dun programa de nivel nacional) dixo que non hai mulleres narradoras de fútbol porque o ton agudo é molesto”.
É especialmente grave a desprotección das bolseiras, pois "a precariedade laboral facilita o abuso de poder, tamén o machista", sinala a entidade
É especialmente grave a desprotección das bolseiras, pois "a precariedade laboral facilita o abuso de poder, tamén o machista", sinala a entidade. As bolseiras que ciclicamente chegan ás redaccións son un foco estrutural de prácticas machistas que, con frecuencia, se centra nas referencias indebidas ao seu físico e a sexualización do seu traballo.
“Cando chegaban as bolseiras vivíanse situacións de verdadeiro acoso. Unha noite que saímos, unha delas acabou chorando e con medo de volver; creo que deixou o xornalismo”, relata unha das profesionais consultadas. Outra lembra que “o meu superior fíxome insinuacións para ter unha relación íntima que rexeitei. Nunca llo comuniquei á empresa por estar en período de prácticas e por estar aceptado na profesión que as bolseiras tiñamos que soportar comentarios machistas”.