A entidade solicita que a insitutción lles lembre ao Estado central e á Xunta de Galicia as súas obrigas
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña presentou un escrito perante o Defensor del Pueblo no que alerta de "reiterados incumprimentos da legalidade" no Pazo de Meirás e solicita que esta institución lembre ao Estado "o contido dos protocolos que asina", que "cumpra as súas obrigas en materia de patrimonio cultural" e que advirta sobre "determinados relatos presentes en Meirás incompatíbeis coa memoria democratica".
En primeiro lugar, a queixa presentada pola CRMH advirte do incumprimento do Protocolo General de Actuaciones asinado en xuño de 2021 entre diferentes administracións públicas para xestionar o Pazo de Meirás. A entidade critica que non se desenvolveu ningún dos aspectos acordados polo Estado no documento e sinala que "nin sequera se constituiron de xeito formal as comisións previstas (unha de seguimento e outra técnica)".
A CRMH sinala que dende que o Estado tomou posesión do Pazo de Meirás en decembro de 2020 "decidiu pechar as visitas a calquera dependencia interior do Pazo, cuestión esta lamentable, incomprensible e que vai contra a legalidade"
Tamén se denuncia o "incumprimento do réxime de visitas ao Pazo de Meirás" de acordo co establecido na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que garante o dereito dos cidadáns á visita de balde uns determinados dias e horas cada mes, por tratarse o Pazo dun ben declarado BIC.
A CRMH sinala que dende que o Estado tomou posesión do Pazo de Meirás en decembro de 2020 "decidiu pechar as visitas a calquera dependencia interior do Pazo, cuestión esta lamentable, incomprensible e que vai contra a legalidade". A entidade critica tamén a "pasividade" da Xunta, "que ten as competencias en materia de patrimonio cultural, e xa que logo, facer o réxime de visitas conforme ao disposto na Lei".
A CRMH denuncia "contidos incompatibeis coa memoria democrática", sinalando que o Pazo de Meirás "continúa sen avances na necesaria resignificación democrática"
Finalmente, a CRMH denuncia a existencia de "contidos incompatibeis coa memoria democrática", sinalando que o Pazo de Meirás "continúa sen avances na necesaria resignificación democrática desde o ano 2021" e engadindo que "tan só atopamos unha serie de paneis realizados no ano 2021 que ademais conteñen relatos incompatibeis coa verdade e memoria democrática".