A marcha, que chega á súa cuarta entrega, está impulsada por medio cento de entidades sociais, comezando por Defensa do Común
A Coruña acolleu este sábado unha nova Marcha Cívica pola Recuperación da Casa Cornide, ocupada polos herdeiros do ditador Francisco Franco. A marcha, que chega á súa cuarta entrega, está impulsada por medio cento de entidades sociais, comezando por Defensa do Común, asociacións veciñais e culturais (coma a AC Alexandre Bóveda) e os principais sindicatos e forzas políticas, como BNG, Marea Atlántica, Esquerda Unida, Podemos ou as Xuventudes Socialistas.
O pasado mes de abril a Xunta declarou a casa Cornide como Ben de Interese Cultural, en resposta a unha das grandes demandas desta mobilización nos últimos anos.
A marcha, que partiu ás 12 horas da praza de María Pita e se dirixiu ás proximidades do inmoble ocupado pola familia Franco e situado na Cidade Vella, estivo protagonizada polas figuras do Generalísimo Franco (a cargo do actor Fernando Morán) e de Carmen Polo (representada por Isabel Risco), conducida por Xurxo Souto e coa participación do grupo de gaitas da asociación veciñal de Monte Alto. Encabezando a mobilización figuraba unha faixa co lema Devolución da Casa Cornide ao pobo da Coruña. Franquismo Nunca Máis.
No manifesto, reclámase ao Concello da Coruña que presente de forma inmediata unha denuncia no xulgado para recuperar a propiedade da Casa Cornide
Ante o edificio, o xornalista Antonio López Mariño e a presidenta de la Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo, foron os encargados de ler o manifesto da marcha, no que se incluían as demandas dos grupos convocantes. En primeiro lugar, reclámase ao Concello da Coruña que presente de forma inmediata unha denuncia no xulgado para recuperar a propiedade da Casa Cornide. O texto lembra que no ano 2019 o Pleno municipal coruñés aprobou por unanimidade unha moción para que o concello presentase unha demanda xudicial. "É inexplicable que, despois de 50 meses, e despois de dous anos da elaboración de informes xurídicos e históricos que sustentan esa demanda, aínda non se presentase", sinala o manifesto.
O pasado mes de abril a Xunta declarou a casa Cornide como Ben de Interese Cultural, en resposta a unha das grandes demandas desta mobilización nos últimos anos. A marcha esixiu á Xunta que obrigue á familia Franco a abrir o edificio catro días ao mes un mínimo de catro horas, como sinala a lei
A segunda gran demanda ten que ver co cumprimento da legalidade no que atinxe á súa condición da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural. A marcha esixiu á Xunta que obrigue á familia Franco a abrir o edificio catro días ao mes un mínimo de catro horas, como sinala a lei.
Así mesmo, pídese que se traslade á Comisión de Honras e Distincións e á Comisión Municipal de Memoria Histórica a proposta de retirada de rúas e distincións a Pedro Barrié, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría, "como principais responsables do espolio da Casa Cornide". Finalmente, reclámase que se execute a proposta do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses para a retirada de rúas e distincións, a cargos e aliados do réxime franquista, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática.
Así mesmo, pídese que se traslade á Comisión de Honras e Distincións e á Comisión Municipal de Memoria Histórica a proposta de retirada de rúas e distincións a Pedro Barrié, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría
Na presentación da marcha, hai uns días, Manuel Monge, presidente de Defensa do Común, promotora desta mobilización cívica, lembrou outra moción -aprobada no Pleno municipal de 1 de outubro de 2020- que instaba á retirada de recoñecementos públicos para “significados franquistas que promoveron e participaron activamente nos espolios de Meirás e Casa Cornide" e que "aínda conservan na Coruña rúas, retratos en edificios públicos, placas e todo tipo de distincións", algo "que non se pode permitir nunha sociedade democrática".
O manifesto subliña que "o pazo de Meirás e a Casa Cornide son dúas caras dun mesmo espolio"
O manifesto subliña que "o pazo de Meirás e a Casa Cornide son dúas caras dun mesmo espolio". Lémbrase que a adquisición da Casa Cornide "foi unha auténtica operación de Estado que se organizou durante varios anos" e que, dado que "non podía aparecer como a transmisión dunha propiedade pública a unha persoa privada como Carmen Polo, esposa de Franco, a solución para superar ese problema foi convocar unha poxa, previamente amañada".
A marcha estivo protagonizada polas figuras do Generalísimo Franco (a cargo do actor Fernando Morán) e de Carmen Polo (representada por Isabel Risco)
A Casa Cornide foi mercada en 1948 pola Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Educación. Con Alfonso Molina como alcalde, pasa a propiedade municipal, mediante un expediente incoado en 1958 e formalizado en xuño de 1962 a través dunha permuta co Ministerio de Educación Nacional, que recibe a cambio unha parcela municipal en San Roque/zona escolar.
Dado que "on podía aparecer como a transmisión dunha propiedade pública a unha persoa privada como Carmen Polo, esposa de Franco, a solución para superar ese problema foi convocar unha poxa, previamente amañada"
Poucos días despois de dita permuta, Sergio Peñamaría (sucede a Alfonso Molina como alcalde o 19 de maio de 1959), tramita a venda e o Pleno de 3 de xullo de 1962 acorda a venda do palacio e tamén as bases para unha poxa que se celebra un mes despois. Pedro Barrié de la Maza gaña a poxa celebrada o 2 de agosto de 1962 e adquire a Casa Cornide por 305.000 pesetas. Esa mesma tarde o pleno dá conta que Barrié solicita transmitir a propiedade a Carmen Polo. Tres días despois Barrié culmina a operación e vende a casa a Carmen Polo por 25.000 pesetas, como figura na escritura.