O colectivo galego Abrente Laico, de recente creación, traballa pola consolidación dun Estado laico "como ferramenta para garantir a convivencia e a igualdade entre os cidadáns"
Dende hai 25 anos o colectivo Europa Laica traballa en España a prol da configuración dun Estado verdadeiramente laico, pola eliminación dos privilexios para as confesións e institucións relixiosas e en defensa da liberdade de conciencia. Ademais, puxo en marcha o Observatorio do Laicismo para velar por estes obxectivos.
Recentemente constituíuse en Galicia o colectivo Abrente Laico, que traballa con obxectivos semellantes. Abrente Laico, en colaboración con entidades coma Europa Laica, traballa pola consolidación dun Estado laico "como ferramenta para garantir a convivencia e a igualdade entre os cidadáns".
A entidade está a poñer en marcha as súas primeiras actividades, entre as que figura un encontro público, este luns 18 de maio, co título de Laicismo e democracia. No acto, que se celebrará a partir das 19.30 horas no IES Politécnico (Rúa Torrecedeira, 88), intervirá José Antonio Naz, presidente de Europa Laica.
Este luns 18 de maio organiza un encontro público en Vigo co título de Laicismo e democracia, no que intervirá José Antonio Naz, presidente de Europa Laica
José Antonio Naz exerceu de docente, colaborou ao longo da súa vida con correntes sindicais e políticas progresistas, e foi unha persoa moi activa coa Renovación Pedagóxica. Dende hai uns 20 anos ten como principal inquedanza a loita polo Estado laico, mantendo que "non pode haber verdadeira democracia sen laicidade".
No evento debatirase abertamente entre persoas "preocupadas polo actual aumento de ideoloxias reaccionarias aliadas con correntes fundamentalistas confesionais, coa conseguinte ameaza para a democracia". Abrente Laico alerta neste senso dunha "ofensiva reaccionaria perfectamente artellada: un bloque ultraconservador e fundamentalista, aliado con forzas políticas de nidia inspiracion neofascista que pretende blindar privilexios, reverter dereitos e colonizar de novo o espazo público".
No evento debatirase abertamente entre persoas "preocupadas polo actual aumento de ideoloxias reaccionarias aliadas con correntes fundamentalistas confesionais, coa conseguinte ameaza para a democracia"
Unha acción que funciona "cunha estratexia que manexa a educación, as institucións, a simboloxía e os recursos públicos pra manter unha posición de dominio ideolóxico" e que se "amosa coma tradición, coma identidade, ou mesmo coma liberdade, mais que na realidade procura perpetuar desigualdades e limitar dereitos". Os colectivos que traballan pola laicidade buscan explicar á cidadanía que "a laicidade non é unha ideoloxia máis, senón a condición necesaria para a igualdade, a liberdade de conciencia e a propia calidade democrática"
25 anos de actividade de Europa Laica
Abrente Laico alerta dunha "ofensiva reaccionaria perfectamente artellada: un bloque ultraconservador e fundamentalista, aliado con forzas políticas de nidia inspiracion neofascista que pretende blindar privilexios, reverter dereitos e colonizar de novo o espazo público"
Europa Laica naceu no ano 2001 denunciando que un Estado que se define aconfesional na súa Constitución do 1978, "na práctica seguia condicionado por estruturas, privilexios e mentalidades herdadas do nacionalcatolicismo". 25 anos despois, alerta, "esa anomalía democrática non ten sido corrixida".
Dende a súa creación, a entidade mantivo unha intensa actividade de educación social, de información e formación encol da laicidade, de denuncia pública "do incumprimento flagrante da aconfesionalidade constitucional" e de elaboración de propostas lexislativas, dende a presentación de emendas á LOMLOE, ata a elaboración dun proxecto de lei pola liberdade de conciencia.
Dende hai 25 anos o colectivo Europa Laica traballa a prol da configuración dun Estado verdadeiramente laico, pola eliminación dos privilexios para as confesións e institucións relixiosas e en defensa da liberdade de conciencia. Ademais, puxo en marcha o Observatorio do Laicismo para velar por estes obxectivos
Europa Laica tamén desenvolveu campañas públicas pola derrogación dos acordos concordatarios, por unha escola pública e laicam, de rexeitamento ao financiamento público da Igrexa. Ademais, promoveu unha Rede de Concellos Laicos, propondo un “protocolo de laicidade municipal”. Outra actividade esencial son as campañas pola devolución dos bens inmatriculados pola igrexa, sendo parte da dirección da Plataforma Estatal Recuperando.
Recentemente lanzou un proxecto de “fundación” para encadrar a colaboración entre colectivos e asociacións laicistas no Estado Español, co obxectivo de dispor dunha ferramenta complementaria para traballar "pola urxente necesidade dunha verdadeira democracia laica".