As anpas de Lugo alertan de agrupamentos de alumnado de cursos distintos por riba das ratios acordadas

Faixa de protesta colocada nun dos centros no que as anpas denuncian "incumprimentos" nos acordos de ratios e agrupamentos © FAPACEL

A Federación de ANPAS de Lugo denuncia que en oito centros da provincia se realizan agrupamentos de alumnado de cursos distintos que superas as ratios acordadas

No ano 2009 sindicatos e Xunta asinaron un acordo no que se fixaban uns criterios de referencia para a agrupación de varios cursos nunha mesma aula. Trátase dun acordo vello, pero estes mesmos criterios de referencia volveron estar enriba da mesa,  asumidos por todas as partes, nas negociacións que o pasado ano deron lugar ao acordo entre o Goberno galego e CCOO, UGT e ANPE (a CIG rexeitou finalmente a proposta) para a fixación de novas ratios máximas de alumnado por aula.

Tanto en 2009 coma en 2023 aceptábase que a agrupación de cursos distintos nunha mesma aula só se levaría a cabo se a suma dos diferentes niveis daba lugar a un grupo máximo de 14 alumnos (se todos eran do mesmo ciclo) e de 12 (se eran de ciclos distintos).

Porén, segundo vén denunciando dende hai semanas Fapacel, a federación de anpas de Lugo, en oito centros de ensino da provincia, maioritariamente de zonas rurais, se estarían a producir agrupamentos de alumnado de cursos distintos que incumoprirían eses criterios. 

Trátase do CEIP Virxe do Carme (Sober), do CEIP A Fonsagrada, do CEIP Castro de Ouro (Alfoz), do CEIP San Clodio (Ribas de Sil), do CEIP das Mercedes (Lugo), do CEIP Rosalía de Castro (Bóveda), do CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei) e do CEIP Monte Baliño (Pantón)

Trátase do CEIP Virxe do Carme (Sober), do CEIP A Fonsagrada, do CEIP Castro de Ouro (Alfoz), do CEIP San Clodio (Ribas de Sil), do CEIP das Mercedes (Lugo), do CEIP Rosalía de Castro (Bóveda), do CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei) e do CEIP Monte Baliño (Pantón).

Fapacel denuncia, ademais, que en varios casos non se respectan as novas ratios máximas de alumnado por aula nin se ten en conta a preseseza de alumnado dunha discapacidade maior do 33% (que debería contar coma dous alumnos) e de alumnado cun grado de discapacidade maior a ó 65% ou un grado de dependencia de II ou III (que debería contar como tres).

"A inmensa maioría son centros ubicados en núcleos rurais, os cales sempre contan cun mínimo de recursos para o alumnado e reléganos a ser nenas e nenos de segunda"

"A inmensa maioría son centros ubicados en núcleos rurais, os cales sempre contan cun mínimo de recursos para o alumnado e reléganos a ser nenas e nenos de segunda", sinala a entidade, que di que "as familias destes centros sintense desprotexidas á hora de ofreces ás suas fillas e fillos unha educación de calidade". 

A federación, que mantivo este mércores unha xuntanza con Inspección Educativa, critica que hai varias semanas que solicitou un encontro coa Xefatura Territorial da Consellaría de Educación, pero que recibiron unha negativa por resposta.

Na reunión con Inspección, as ANPAS manifestaron a súa "preocupación" sobre o que "vai pasar cando falte algún profesor", e a posibilidade de que neses casos se xunten máis grupo. Dende Inspección asegurouse que non sería preciso xuntar grupos, xa que hai profesores de garda e/ou especialistas que segundo a distribución das xornadas poderían cubrir esa necesidade.

Cartel publicado nos últimos días polas anpas nas redes sociais © FAPACEL

"Hai alguén que ve factible que nunha mesma aula haxa 18 alumnos de diferentes cursos e con casos de necesidades especiais? Alguén cree que iso é calidade educativa? Por que se fixaron estes ratios se despois non se levan a cabo?", pregúntase Fapacel

A Consellaría de Educación, pola súa banda, sinala que "non existe ningún incumprimento" e explica en conversa con Praza.gal que "como cada ano por esta datas, avalíanse os datos e organízanse as unidades escolares en función das matrículas centro a centro. Isto inclúe a toma de decisións sobre agrupamentos naqueles casos onde o número de alumnos é moi baixo".

Giovana Trelles, de Fapacel, alerta ademais de que a situación podería empeorar moito nestes casos se se producen baixas de profesorado. "Hai alguén que ve factible que nunha mesma aula haxa 18 alumnos de diferentes cursos e con casos de necesidades especiais? Alguén cree que iso é calidade educativa? Por que se fixaron estes ratios se despois non se levan a cabo?", pregúntase Fapacel, que chama a atención sobre o trato que van recibir, particularmente, os alumnos e alumnas con necesidades especiais, con menos atención da que necesitarían.

"Non é o mesmo traballar nunha aula só co alumnado de primeiro curso, que facelo con alumnado de primeiro e segundo ou con alumnado de primeiro, segundo e terceiro. Para os docentes implica unha maior dificultade e ademais pode supor que algúns alumnos e alumnas fiquen atrás", di

A federación responsabiliza da situación á reducida dotación de recursos, especialmente humanos, para a escola pública, e nomeadamente nas zonas rurais. Unha falta de profesorado que prexudica ao conxunto do alumnado e aos propios docentes, cunha carga de traballo e saturación por riba do normal e do soportable. "Que tipo de profesorado pode levar a bo termino un curso académico nestas condicións?", pregúntanse as ANPAS.

"Non é o mesmo traballar nunha aula só con alumnado de primeiro curso, que traballar noutra con alumnado de primeiro e segundo ou traballar noutra con alumnado de primeiro, segundo e terceiro", destaca Trelles. "Para os docentes implica unha maior dificultade e ademais pode supor que algúns alumnos e alumnas fiquen atrás", engade. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.