A terceira vaga da pandemia continúa a subir en Galicia, superando os seus máximos diarios de contaxios e porcentaxe de probas con resultado positivo, e o crecemento continuará aínda nos vindeiros días, á espera aínda de que o aumento de casos se traduza nunha perigosa escalada no número de ingresos hospitalarios. A situación non é comparable á da primeira onda da pasada primavera (había menos casos que agora debido ao menor número de probas de detección realizadas), pero si á da segunda onda que tivo lugar no outono. A circulación do virus supera xa á que se deu entre outubro e novembro e segue a medrar.
A situación non é comparable á da primeira onda da pasada primavera (había menos casos que agora debido ao menor número de probas de detección realizadas), pero si á da segunda onda que tivo lugar no outono, que xa supera
Este mércores o Sergas notifica que se engadiron 1.047 novos casos de Covid-19, un máximo dende o inicio da pandemia o pasado mes de marzo. Deles, 928 foron diagnoticados por unha proba PCR nas últimas 24 horas (a diferenza corresponde a positivos detectados por outras técnicas ou en datas anteriores). Nos últimos sete días o número diario de diagnósticos por proba PCR achégase aos 700, situándose nun nivel semellante ao dos peores días da segunda onda, nos últimos días do mes de outubro
Este mércores hai que engadir 12 novas mortes, 24 xa nos últimos dous días (case a metade, 11, correspondentes á área sanitaria de Sanitago)
En paralelo, continúa a suma de falecementos ligados a contaxios de Covid-19. Este mércores hai que engadir 12 novas mortes, 24 xa nos últimos dous días (case a metade, 11, correspondentes á área sanitaria de Sanitago). En total, son xa 1.474 defuncións dende o inicio da pandemia no mes de marzo. O número diario de mortes descendera ao longo de decembro, pero semella que inicia de novo unha tendencia de ascenso, que será maior nas vindeiras semanas, cando se comece a notar o efecto do incremento no número de contaxios destes días.
A incidencia acumulada nos últimos 14 días Galicia supera xa amplamente os 300 casos detectados por PCR por cada 100.000 habitantes (325), duplicando a incidencia que se rexistraba hai un mes
O incremento no número de contaxios produce xa un efecto claro nos indicadores de incidencia (casos por habitante). A incidencia acumulada nos últimos 14 días Galicia supera xa amplamente os 300 casos detectados por PCR por cada 100.000 habitantes (325), duplicando a incidencia que se rexistraba hai un mes.
O dato está por debaixo da media española, pero achégase xa ao valor máximo acadado no outono (343 casos o pasado 5 de novembro). O día anterior anunciouse o peche perimetral de 60 concellos, coa clausura da hostalaría e a prohibición das reunións de persoas non convivintes. As medidas foron moi efectivas e nun mes Galicia reduciu a súa incidencia á metade.
Santiago, Ourense e A Coruña son as áreas sanitarias nas que a incidencia é maior, ao redor de 350 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días. Ferrol sitúase na media galega e Vigo, Lugo e Pontevedra están por debaixo, pero os datos están a medrar en todas elas.
A taxa de positividade segue a medrar e sitúase por riba do 9% no conxunto de Galicia. O dato supera o nivel máximo acadado durante a segunda onda (8,3%)
A taxa de positividade (porcentaxe de probas PCR cun resultado positivo) segue a medrar e sitúase por riba do 9% no conxunto de Galicia (media dos 7 días anteriores). O dato supera o nivel máximo acadado durante a segunda onda (8,4%) e mantén unha tendencia de aumento dende o pasado 24 de nadal (3,58%).
O valor é moi elevado a pesar de que en moitos concellos (Viveiro, A Illa de Arousa, Bueu...) se están a realizar cribados masivos, que adoitan reducir a porcentaxe de probas positivas (a gran maioría das probas nestes cribados teñen un resultado negativo).
Por áreas, a da Coruña-Cee continúa a ser a que presenta unha maior taxa de positividade, por riba do 13% na última semana. Ferrol e Pontevedra superan o 11% e Vigo o 10%. Unicamente Santiago, Lugo e Ourense baixan do 9%, pero tamén nestas zonas os datos están a medrar.
Este mércores aumenta o número de probas PCR realizadas (9.921), unha das cifras diarias máis elevadas dende o inicio da pandemia. Con todo, a media da última semana (7.953) segue aínda por debaixo do nivel de testeo que se acadara nos días anteriores á Noiteboa (ao redor das 8.500 probas PCR cada día.)
En dúas semanas o número de concellos libres de Covid-19 pasou de 87 a 46
A situación segue a empeorar no conxunto de Galicia. Un dato que vén chamando a atención nos últimos días é a redución paulatina do número de concellos que están libres de contaxios. Nos días anteriores á Noitevella había 87 localidades nas que non se producira ningún contaxio nos 14 días anteriores. Hoxe son tan só 46 os concellos que están libres da Covid-19. Semella que durante as celebracións de Nadal a mobilidade entre concellos axudou a propagar o virus dende as zonas máis afectadas a aquelas que ata entón tiñan unha mellor situación.
Viveiro, Verín, Tui, Arteixo, Tomiño, Fene, Ribeira e Barbadás superan os 500 casos por cada 100.000 habitantes, incidencias moi elevadas
Hai seis concellos con incidencias acumuladas que superan os dous mil casos por cada 100.000 habitantes: Lobeira, Xove, A Pastoriza, Muíños, San Xoán de Río e Vilar de Santos. E outros 16 nos que superan os mil casos: Muras, Calvos de Randín, Pontecesures, Porqueira, Vimianzo, Camariñas, Laxe, Vilamarín, Xinzo de Limia, Viveiro, Monterrei, Oia, A Illa de Arousa, Val do Dubra, Sandiás e Valga. Nos últimos días a situación está a empeorar rapidamente en Muras, Porqueira, Oia, Sobrado, Camariñas, Allariz, Cabanas ou Valga, entre outras localidades.
No que atinxe aos concellos de máis de 10.000 habitantes, Viveiro, Verín, Tui, Arteixo, Tomiño, Fene, Ribeira e Barbadás superan os 500 casos por cada 100.000 habitantes, incidencias moi elevadas e en crecemento en case todas estas localidades
As sete cidades empeoran claramente os seus datos, especialmente Santiago, A Coruña, Ourense e Ferrol, con incicencias moi por riba dos 300 casos por cada 100.000 habitantes
Este mércores as sete cidades empeoran claramente os seus datos, especialmente Santiago, A Coruña, Ourense e Ferrol, con incidencias moi por riba dos 300 casos por cada 100.000 habitantes. Estas catro cidades duplicaron o seu número de casos dende a Noiteboa. Vigo, Pontevedra e Lugo, que ata agora tiñan unha situación máis estable, tamén están a incrementar o seu número de casos, aínda que de momento presentan unha incidencia máis reducida.
Nas UCI hai 73 camas ocupadas, moi por riba das 55 que había o 31 de decembro
Nos hospitais aínda non chegou a terceira onda, pois os ingresos que se están producindo corresponden a contaxios producidos antes da Noiteboa. Con todo, a ocupación de camas leva días en aumento e sitúase nun nivel preocupante á espera de que chegue o efecto das infeccións que se están detectando estes días.
Nas UCI hai 73 camas ocupadas por pacientes Covid-19, moi por riba das 55 que había o 31 de decembro. Na segunda onde chegouse a 110 camas ocupadas o 15 de novembro. Na área sanitaria de Vigo o número de camas de UCI ocupadas duplicouse na última semana.
No resto de unidades hospitalarias, as camas ocupadas pasaron de 342 a 438 nos últimos catro días
No resto de unidades de hospitalización as cifras xa están a medrar de forma máis clara. Hai 438 camas ocupadas, case cen máis que as 342 de hai tan só catro días, un incremento do 28%. O dato achégase xa ao máximo acadado na segunda onda da pandemia (516 o 10 de novembro). Neste caso, as áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Santiago encabezan os incrementos de ocupación de camas nos últimos días.
Nas residencias, onde nos últimos días se están rexistrando novamente gromos de importancia, os datos deste mércores son máis estables. A Consellaría de Sanidade engadiu 39 novos casos activos entre persoas usuarias e traballadoras destes centros. Destacan os 10 novos positivos detectados na Residencia de Ribeira, 9 na Residencia Santa Teresa Jornet (A Coruña), 6 na Residencia de Arzúa e 5 na Residencia da Pastoriza.
Nestes momentos a Residencia Paz y Bien en Tui (81 casos entre usuarios e persoal), Residencia de Ribeira (74), a Residencia DomusVi Vimianzo (82) son as instalacións cun maior número de positivos.