Liberadas tres mulleres e detidas 14 persoas nunha operación contra a explotación sexual na provincia de Pontevedra

Un dos detidos na operación contra a explotación sexual na provincia de Pontevedra © Policía - Ministerio do Interior

A policía detivo 14 personas nunha actuación na provincia de Pontevedra na que desarticulou unha organización dedicada á explotación sexual en clubs de alterne e casas de citas na que liberou tres mulleres. 

A rede criminal "aproveitábase da vulnerabilidade" de mulleres "con cargas familiares considerables e en situación de necesidade económica"

Segundo explica o Ministerio do Interior, a rede criminal "aproveitábase da vulnerabilidade" de mulleres "con cargas familiares considerables e en situación de necesidade económica", que contraían unha débeda económica de ata 2.000 euros polo seu traslado a España, unha cantidade que ía en aumento de negarse a ter relacións sexuais cun dos principais responsables da organización. 

Este home, segundo detalla a policía, era o encargado de "probar as mulleres para ver se servían", nas súas palabras, e era un dos dirixentes dunha rede criminal con colaboradores no Brasil que facilitaban documentos falsos (visados de estudante ou certificados de vacinación COVID) e testaferros que se encargaban dos clubs de alterne. 

Operación contra a explotación sexual na provincia de Pontevedra © Policía - Ministerio do Interior

Segundo a investigación, un dos dirixentes da organización era o encargado de captar as vítimas no Brasil e aloxalas tras a súa viaxe para logo trasladalas para a súa entrega a outro dos líderes da rede criminal, que rexentaba os clubs de alterne onde as explotaba.

As vítimas debían entregar ata o 50% do recibido por cada servizo sexual, dez euros das consumicións dos clientes e 100 euros semanais polo aloxamento

Xa en Galicia, e tras chegar maioritariamente vía Lisboa, as mulleres eran explotadas en clubs ou pisos de citas (en Tomiño, Ponteareas, O Porriño e Vigo, segundo asegura Diario de Pontevedra) e eran trasladadas a diario en taxis de confianza da rede criminal a outros clubs de alterne. 

Por cada servizo sexual, as mulleres debían entregar entre 10 e 20 euros ou o 50% do cobrado nas casas de citas. Tamén levaban os líderes da organización criminal 10 euros das consumicións ás que eran convidadas polos clientes e ata 100 euros semanais polo seu propio aloxamento. A rede impoñía ás vítimas multas dos 30 aos 60 euros "sen explicar motivo ningún sobre a suposta infracción cometida". 

As mulleres debían estar dispoñibles as 24 horas a través dunha web que a rede destinaba á publicidade da prostitución, anuncios nos que constaba o númer de teléfono de cada unah das vítimas e polos que elas debían pagar 30 euros. 

As 14 persoas foron detidas por delitos de pertenza a organización criminal, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, favorecemetno da inmigración ilegal, así como relativos á prostitución e ao branqueamento de capitais. 

A investigación incluíu rexistros en varios inmobles en Pontevedra, en tres clubs de alterne e en dous pisos. Ademais, clausuráronse os establecementos destinados á explotación e interviñéronse case 12.000 euros en efectivo, un behículo de alta gama, máis de dez móbiles e outros dispositivos informáticos. 

Operación contra a explotación sexual na provincia de Pontevedra © Policía - Ministerio do Interior

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.