A través destes traballo, alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato dos IES Salvador de Madariaga da Coruña, IES A Rodeira, en Cangas e IES Eduardo Pondal de Ponteceso converteuse en investigador do seu propio pasado
Durante os últimos meses, mozos e mozas de diferentes cursos da ESO e bacharelato participaron no proxecto Creación de Audios pola Memoria das Mulleres, impulsado por Agareso co financiamento do Ministerio de Política Territorial e Memoria democrática.
A través deste programa o alumnado de varios centros de ensino achegouse aos principais fitos históricos da Guerra Civil e a Ditadura e tamén gravou e documentou as vivencias de homes e mulleres que foron testemuñas directas ou indirectas desa época.
Realizaron máis de 50 entrevistas nas súas contornas que documentan aspectos da vida franquista: a fame, as dinámicas escolares, a vida dos nenos e nenas, onde se escondían as persoas perseguidas polo réxime, castigos específicos que recibían as mulleres ou o rol que estas ocupaban na sociedade
O obxectivo concreto do proxecto é paliar a falta de información acerca de esta época histórica e tamén ensanchar a documentación existente en materia de memoria democrática, especialmente aquela que ten que ver coa historia das mulleres por ser esta a máis descoñecida.
O proxecto centrouse especialmente na vida diaria das mulleres durante a ditadura franquista, algo sobre o que o alumnado preguntou ás súas avoas, avós, veciños e veciñas... Toda a aprendizaxe e entrevistas realizadas están recollidas nun podcast que se pode escoitar na canle de iVoox de Agareso e cuxos cotidos foron realizados íntegramente polo alumnado participante.
Toda a aprendizaxe e entrevistas realizadas están recollidas nun podcast que se pode escoitar na canle de iVoox de Agareso e cuxos cotidos foron realizados íntegramente polo alumnado participante
A través destes traballo, alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato dos IES Salvador de Madariaga da Coruña, IES A Rodeira, en Cangas e IES Eduardo Pondal de Ponteceso converteuse en investigador do seu propio pasado.
Alumnas e alumnos realizaron máis de 50 entrevistas nas súas contornas que documentan perfectamente diferentes aspectos da vida franquista: a fame, as dinámicas escolares, a vida dos nenos e nenas, onde se escondían as persoas perseguidas polo réxime, castigos específicos que recibían as mulleres, o rol que estas ocupaban na sociedade, e moito máis.
Nos distintos traballos, que se poden escoitar na rede, recolléronse as voces de avoas e veciñas. Por exemplo, A a clase de 4ºA do IES Eduardo Pondal de Ponteceso entrevistaron a Carmen Cotelo, de 101 anos e Ángela Mato, de 81, que contaron como era a vida diaria nesa época, as resistencias e dificultades que pasaron e cómo eran perseguidas ideoloxías contrarias ao réxime.
De igual xeito, os e as estudantes de 1º de Bacharelato do IES Rodeira, de Cangas, gravaron a xente maior da súa contorna, cuxas voces axudan a comprender o contexto da guerra civil e da ditadura franquista, a infancia e a educación naquela etapa, así como os métodos de represión, incluídos os específicos contra as mulleres.