Acontece
Toxicoloxía detectou 271 intentos de suicidio por intoxicación en Galicia en 2021
O Servizo de Información Toxicolóxica rexistrou 5.411 casos de intentos de suicidio por o pasado ano en todo o Estado e resalta a maior incidencia en idades moi temperás. O estudo subliña a "gran relevancia" destes datos para as políticas de prevención do suicidio
- Datos Sanidade pública
- Acontece
Tres de cada catro camas hospitalarias en Galicia están ocupadas e a COVID non supón nin o 1%
A repercusión do coronavirus é xa residual no que atinxe aos ingresos hospitalarios. As persoas ingresadas coa COVID como causa directa son apenas o 0,8% en unidades convencionais e arredor do 0,9% nas UCI mentres aumenta a presión no sistema por outras patoloxías
Renfe cancelará os abonos gratuítos a quen en tres ocasións non empregue unha viaxe xa reservada
A empresa pública poderá establecer que en trens con alta demanda non se poida elixir asento e haxa ata un 10% de prazas de pé
Resucitou, resucitou, aleluia!
Antonio Gregorio
- 📺
- Acontece
'Grazas, xoguetes' por unha infancia que soña sen estereotipos de xénero
A inmunóloga África González, a produtora cinematográfica Emma Lustres, o bailarín Diego Landín, a futbolista Paula Dapena e o cociñeiro Pepe Solla protagonizan a campaña da Deputación de Pontevedra para animar as familias a que os xoguetes fomenten que nenas e nenos "poidan ser o que desexen"
"O que máis lembra a xente do 'Mar Exeo' é a columna de fume negro, un recordo máis épico que triste"
Tres xornalistas de La Opinión da Coruña, Enrique Carballo, Marta Otero e Iván Aguiar (con quen falamos) veñen de publicar o libro Mar Egeo. El día que ardió el mar, que reconstrúe o sinistro que tivo lugar hai 30 anos e as súas consecuencias posteriores a través de entrevistas con algúns dos principais protagonistas.
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece
A formación da medicina de familia do futuro atranca na escasa planificación do Sergas e na saturación dos centros
A falta de planificación no Servizo Galego de Saúde cun cadro de persoal avellentado que limita o acceso a titores dos residentes de Medicina Familiar e Comunitaria, sumada á experiencia dos centros de saúde sobrecargados, dificultan que os futuros médicos e médicas escollan esta especialidade
Non foi o mesmo pensar en Pontedeume que nun incendio: así explica Renfe a "perda de conciencia situacional" do maquinista de Angrois
O ex-xefe de Seguridade da operadora admite que o condutor do Alvia tiña a obriga de coller a chamada que lle fixo o interventor e que o despistou polas súas características concretas
30 anos do 'Mar Exeo': a marea negra que anticipou o Prestige e o berro de 'Nunca Máis'
O 3 de decembro de 1992 un petroleiro cargado con 79.000 toneladas de cru encallou a carón da Torre de Hércules, provocando unha gran columna de fume e unha intensa marea negra que cubriu as Rías Altas. O desastre levou á promesa de que se adoptarían medidas para que este tipo de sinistro non se repetise e para contar con equipos axeitados para loitar contra a contaminación mariña. Pero pouco ou nada se fixo.
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Os desafiuzamentos caen en Galicia ata 300 en tres meses e multiplican por trece os novos casos de ocupacións ilegais
A maioría dos desafiuzamentos seguen sendo en vivendas alugadas, segundo o Poder Xudicial, con case 250 nun trimestre no que os novos casos de ocupacións volveron ser apenas unha vintena. Malia aos datos, a Xunta sinalaba recentemente que a loita contra as ocupacións é a súa "principal demanda" ao Estado en materia de vivenda
A CIG-Ensino volve gañar as eleccións sindicais do profesorado e obtén maioría absoluta en dúas provincias
A central sindical nacionalista obtén 67 das 146 delegacións en xogo seguida por CCOO, que logra 34. Son os únicos sindicatos que logran ampliar representación a respecto de 2018