Ricardo Cao, elixido novo reitor da UDC co 65% dos votos
O catedrático logrou unha ampla maioría nunhas eleccións cunha participación que roldou o 25%. Aposta por "facer a mellor universidade posible, por e para as persoas".
O catedrático logrou unha ampla maioría nunhas eleccións cunha participación que roldou o 25%. Aposta por "facer a mellor universidade posible, por e para as persoas".
O colectivo Enfermeiras en Loita accede aos datos oficiais que revelan que o 52% do persoal de enfermaría da sanidade pública é eventual e non ten praza en propiedade. Supoñen unhas 6.000 dun total de 11.600. Sanidade di que máis de 3.000 prazas están en proceso de consolidación de emprego.
Os tres sindicatos contrarios ao pacto que asinaron CCOO, UGT e ANPE coa Xunta reclaman unha reunión co conselleiro para acordar "melloras reais" para o profesorado tras as importantes protestas dos docentes nas últimas semanas.
A falta de espazo e as protestas das familias no CEIP María Barbeito da Coruña obrigaron á ampliación das instalacións deste colexio con máis de 600 matrículas por curso. Os traballos son confinanciados pola Administración, que paga o 50% de máis de 22.700 euros. A asociación de pais e nais faise cargo do resto.
A entidade presentou o informe Cohesión socioterritorial e despoboamento na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, con propostas concretas para reforzar o eixo interior da eurorrexión, dende vantaxes fiscais, aposta polo agro sustentable e modernizado e facilitar o acceso á vivenda
A creación desta guía que permita unha mellora na atención dos partos responde a unha demanda social das nais que cristalizou no Parlamento galego a comezos de outubro. Foron necesarias centos de reclamacións nos hospitais para que o Sergas modifique os protocolos con carácter xeral. A medida será unha realidade no primeiro trimestre de 2024, segundo informou o conselleiro de Sanidade.
'Galiza, un futuro sen carbón' convértese en 'Galiza sen Gas' tras o "enorme logro climático" que supuxo o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama e advirte que "o atraso na transición enerxética fai que boa parte do oco deixado polo carbón na produción eléctrica sexa ocupado polo gas fósil".
O Concello de Santiago vén de reactivar a campaña, cunha nova imaxe gráfica que bota man da estatua das Marías, co obxectivo de "fomentar a convivencia, o respecto ao descanso da veciñanza e a toma de conciencia sobre os comportamentos individuais á hora de divertirnos".
Unha declaración outorgará ao río Tins desde o dereito a non ser contaminado ou danado por actividades humanas ata o dereito á protección e conservación, dentro dun proxecto de para a súa recuperación, renaturalización e integración ao seu paso polo núcleo urbano.