O profesorado do ensino público mantén erguida a protesta contra o acordo educativo
CIG, STEG e CSIF cifran o seguimento da folga no 60%, semellante á de outubro, e a Xunta rebáixao por baixo do 10%. Unha multitudinaria manifestación percorre Santiago poñendo punto final a un ciclo de mobilizacións contra o "pacto das renuncias".