Galicia suma 30 días seguidos de chuvia: "É o normal, o que non era normal era a calor de outubro"
Despois da calor extrema das dúas primeiras semanas de outubro, dende o día 13 do mes pasado está a chover de forma continua na maior parte de Galicia. Falamos con David Domínguez (RedMeteo), que destaca que neste outono "está a chover coma antes" e anticipa que a partir da vindeira semana "o anticiclón pode gañar protagonismo", dando lugar a algunha xornada seca.