A RAG subliña o papel das actividades extraescolares e deportivas na "desgaleguización" do alumnado
Un estudo realizado con escolares, familias, profesorado, empresas de ocio e asociación deportivas da comarca de Santiago conclúe que nestes espazos se dan “condicións ambientais" que supoñen "presión sobre os e as galegofalantes que fai que adoptar o castelán sexa a opción máis cómoda e natural”. A RAG chama a atención sobre a reponsabilidade dos concellos.