"Hai un petroleiro con problemas a 28 millas de Fisterra". Viaxamos no tempo en Twitter para contar o día a día do Prestige
Durante as vindeiras semanas iremos relatando a través da conta @Prestige20anos o día a día do desastre ecolóxico e da posterior mobilización social. Trátase dunha iniciativa pensada para quen non o viviu e tamén para aqueles e aquelas que si estaban alí, traendo ao presente o que pasou neses días e dándolle valor á hemeroteca do sucedido hai vinte anos