Transporte e gandaría intensiva producen xa máis gases causantes do cambio climático que o sector eléctrico

Atasco de tráfico CC-BY-SA Franck Michel

As emisións contaminantes ligadas á produción eléctrica aumentaron en 2025 debido ao estancamento das renovables e ao aumento do peso das centrais de queima de gas fósil. Aínda así, 2025 foi o segundo ano con menores emisións de Gases de Efecto Invernadoiro do sector eléctrico galego nas últimas cinco décadas

Esta semana coñecemos os últimos datos de emisións de CO2 da produción eléctrica galega, é dicir de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) causantes de cambio climático. Un informe do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) realizado a partir dos datos publicados por Rede Eléctrica Española estima que a xeración eléctrica en Galicia emitiu máis de 1,5 millóns de toneladas destes gases de invernadoiro en 2025, cun aumento do 10% con respecto a 2024. Aínda así, 2025 foi o segundo ano con menores emisións de GEI do sector eléctrico galego nas últimas cinco décadas.

Isto é así porque no ano 2025 a produción eléctrica con renovables caeu lixeiramente en Galicia en relación aos datos de 2024, que marcaran o récord de xeración renovable, e incrementouse un 21% a xeración dos ciclos combinados de queima de gas fósil. A maior actividade dos ciclos combinados veuse favorecida polo estancamento da potencia renovábel e polo maior recurso aos ciclos combinados despois do apagamento de abril, destaca OGACLI. Con todo, o 81,1% da electricidade producida en Galicia seguiu a ser xerada con fontes limpas.

"O estancamento da potencia renovábel, xunto coa falta de impulso á electrificación do consumo enerxético e a recuperación da produción de Alcoa San Cibrao comprometen seriamente a redución de emisións de GEI en Galicia", alerta o OGACLI

Os datos que dende hai anos vén publicando o Oboservatorio amosan o cambio radical que se produciu nas emisións galegas de gases de efecto invernadoiro unha vez que se decidiu o peche das centrais térmicas de queima de carbón das Pontes e Meirama. O sector eléctrico pasou de achegar un 40% das emisións totais de Galicia en 2018 a un 15% en 2023.

A cambio, incrementouse o peso da xeración eléctrica nas centrais de queima de gás fósil de Sabón e As Pontes, que xa son desponsables de dous terzos das emisións do sector eléctrico galego. OGACLI alerta ademais do "lento crecemento da potencia renovábel", practicamente estancada en Galicia dende o ano 2019

É innegable a redución das emisións do sector eléctrico, pero o Observatorio demanda unha maior impulso aos obxectivos climáticos, comenzando cun maior impulso á xeración con fontes renovables, que segue por debaixo dos pouco ambiciosos obxectivos da Xunta para o ano 2030, momento no que debería atinxir o 85% da produción eléctrica total. Cómpre lembrar que o aire en Galicia está contaminado, de acordo aos criterios da OMS, e tal e como recoñece o propio Goberno galego.

Os datos da xeración da CO2 da produción eléctrica galega do 2025 veñen ademais consolidar unha realidade que comezou a verificarse en 2019: o sector eléctrico xa non é a principal fonte de gases causantes de cambio climático en Galicia, senón que hai tempo que foi superado polo transporte e pola gandaría intensiva

Ademais, o estancamento do sector eólico -o 2025 foi o ano con menor xeración eléctrica polo vento dende o 2029- case levou a igualar a produción renovable (17,616 GWh) coa demanda eléctrica galega  (16,866 GWh), que medrou un 21% recuperación parcial da actividade da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao. O Observatorio alerta de que nun ano algo menos chuvioso (que provocaría un descenso na xeración hidroeléctrica) ou con Alcoa San Cibrao en plena actividade "a demanda galega anual non sería cuberta pola electricidade limpa obtida en territorio galego".

"O estancamento da potencia renovábel, xunto coa falta de impulso á electrificación do consumo enerxético e a recuperación da produción de Alcoa San Cibrao comprometen seriamente a redución de emisións de GEI en Galicia", engade.

"O transporte é un sector chave para mellorar a calidade do aire e reducir a contaminación", destacaba Xosé Veiras, responsable do OGACLI, o pasado ano, sinalando que cómpre "máis e mellor transporte colectivo, máis peso do tren no transporte de mercadorías, restrinxir o vehículo privado e avanzar na electrificación"

Os datos da xeración da CO2 da produción eléctrica galega do ano 2025 veñen ademais consolidar unha realidade que comezou a verificarse no ano 2019: o sector eléctrico xa non é a principal fonte de gases causantes de cambio climático en Galicia, senón que hai tempo que foi superado polo transporte e pola gandaría intensiva.

No ano 2023, último con datos completos o sector eléctrico achegaba un 15% destes gases, o transporte o 25% e o sector agrogandeiro un 19%, de forma particular a gandaría intensiva, que é a que en relación á súa produción xera unha maior cantidade de gases nocivos.

Neste senso, o OGACLI destaca que "a electrificación do consumo enerxético en transporte, industria e fogares é hoxe a vía máis rápida para avanzar na urxente descarbonización", poñendo o foco nas emisións que seguen a xerar os vehículos, convertida na principal fonte de xeración de gases de cambio climático en Galicia.

"O transporte é un sector chave para mellorar a calidade do aire e reducir a contaminación", destacaba Xosé Veiras, responsable do OGACLI, o pasado ano, sinalando que cómpre "máis e mellor transporte colectivo, máis peso do tren no transporte de mercadorías, restrinxir o vehículo privado e avanzar na electrificación". 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.