Faite de Praza no mes das Letras e leva un dominio .gal de balde

Subscríbete ao galego © Amega

Un ano máis, facerse de Praza.gal no mes das Letras ten premio. A Asociación de Medios en Galego vólvese unir coa asociación PuntoGal e mais a provedora de servizos Dinahosting para agasallar cun ano de dominio .gal de balde a todas as persoas que se fagan socias do xornal do 17 ao 31 de maio.

Se te fas de Praza neste período ou te subscribes a calquera dos demais medios da asociación que ofrecen esta posibilidade, poderás gozar dun dominio .gal e do correspondente aloxamento para o teu sitio web sen custo adicional para ti. Trátase dun agasallo valorado en máis de 170 euros.

Posto da Fundación Praza Pública na Culturgal 2022 CC-BY-NC-SA Praza.gal

Esta, explica o presidente da Amega, Pablo García (Radio Estrada), é "unha oportunidade para unir forzas e amosar a utilidade da nosa lingua en internet". Dispoñer dun dominio .gal e do aloxamento web fornecido por Dinahosting permitirá as persoas que se fagan de Praza.gal iniciaren o seu propio sitio web e gozaren de servizos como unha conta de correo profesional. "É un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos", resumen.

Ademais de Praza.gal, participan na iniciativa Nós Diario, Tempos novos, Luzes, Revista Mazarelos, Código cero, Nós TV, A Trabe de Ouro e Radiofusion. Ademais, apóiana as demais cabeceiras sen servizo de subscricións ou comunidades de persoas socias: GCienciaGalicia ConfidencialQuepasanacostaRevista Pincha,Revista Inviable, Radio Estrada, LindeirosNovas do Eixo AtlánticoXornaldaCoruña e O Barbanza.

Faite socia, faite socio de Praza.gal

Para facéreste socia ou socio de Praza.gal só tes que premer nesta ligazón. Nese espazo pedirémosche os teus datos e tamén que selecciones a túa cota. Serás socia ou socio de Praza se a túa achega ten estas características.

  • Achega periódica igual ou superior a 15 € / trimestre
  • Achega puntual igual ou superior a 60 €
Seres de Praza sáeche a devolver na declaración da renda CC-BY-SA Praza.gal

Alén da promoción da man da Asociación de Medios en Galego, PuntoGal e Dinahosting, lembra que a túa achega por seres de Praza.gal é unha doazón á Fundación Praza Pública, editora do xornal. Como tal, en virtude da lexislación vixente tes dereito a que che veña de volta na declaración da renda ata o 80% da túa achega. Así, por exemplo, unha cota de 10 euros ao mes pódeche quedar nun gasto real de só 2 euros ao mes.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.