Un proxecto de recuperación da biodiversidade en Mondoñedo, primeiro premio en Galiciencia
Un foguete que utiliza como combustible unha mestura de nitrato de potasio e azucre e unha estación meteorolóxica que alerta das condicións climáticas máis propicias para a propagación de incendios, segundo e terceiro premio. Pola feira científica escolar pasaron máis de dúas mil persoas nos últimos tres días.