Redes Sociais: Estamos nelas pero de verdade sabemos usalas?
A Universidade de Vigo organiza o vindeiro luns as xornadas Social Media Day, nas que expertas galegas en comunicación online, personal branding e uso das redes sociais nas empresas explicarán as tendencias dun sector en continuo cambio. Falamos co seu organizador, Xabier Rolán.