Ciencia e tecnoloxía
O PPdeG defende os graos de 3 anos, que para o PSdeG benefician ás privadas
Os socialistas acusan os populares de fomentar unha "universidade de elite á que só poidan acceder os cidadáns con maior poder adquisitivo". Para Román Rodríguez (PP), o modelo de graos de 4 anos "sitúanos ao carón de países como Armenia ou Azerbaián"
As mozas galegas, máis conectadas á rede que os mozos
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización publica unha nova edición do estudo “A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero”. Por debaixo dos 45 anos, as mulleres empregan máis o ordenador e navegan máis que os homes da súa idade
Fi Ware: Europa, o Big Data e o internet das cousas
A Comisión Europea vén desenvolvendo desde hai uns tres anos unha plataforma de código aberto xurdida da colaboración público-privada. O que é o mesmo, un intento de Europa para competir con xigantes do sector como son Amazon Web Services e Google.
Galicia volve liderar a perda de poboación no Estado
O país perdeu máis de 6.100 habitantes no primeiro semestre deste ano e volve encabezar a lista con peor saldo vexetativo. Tamén presenta unha das taxas máis baixas de fecundidade e é unha das autonomías onde a maternidade chega máis tarde (32,3 anos).
A Axencia Galega do Coñecemento en Saúde nace coa sombra da contratación 'a dedo' da súa dirección
O seu decreto de creación non establece os requisitos de acceso, solvencia académica, profesional, técnica ou científica habituais para estes postos. CIG-Saúde denuncia, ademais, que a axencia non garante a estabilidade laboral do persoal investigador contratado polo programa Miguel Servet.
O reitor da UDC critica os graos de tres anos porque "elevarán o custe para o estudantado"
Xosé Luís Armesto informou ao Claustro sobre a modificación lexislativa "precipitada e inoportuna" que abre a porta a un sistema de graos de 3 anos e de posgraos de 2 anos, que se podería implantar no curso 2016-17.
Xa somos mil dominios .gal!
A fase aberta do proceso de implantación do puntogal comezará o vindeiro 2 de decembro. Calquera persoa, empresa ou entidade poderá rexistrar o seu .gal con prezos equivalentes aos doutros dominios. As fases abrente e carreira permitiron crear case un milleiro de rexistros.
Centros de Betanzos, Bueu, Monforte e O Rosal, premiados polo Ministerio de Educación
Os Premios Nacionais de Educación recoñeceron tres proxectos innovadores, nos ámbitos das TIC, as competencias de lectoescritura e audiovisuais e a inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais
"A ciencia, se está ben contada, interesa"
Gciencia, o xornal especializado en información científica, celebra o seu primeiro aniversario, consolidado como un referente en Galicia, tanto para a comunidade investigadora coma para o público xeral. Falamos con Pablo López, un dos seus responsables
Implicacións non tan evidentes
Óscar Antón Pérez García
Máis alá da punta do iceberg: a web profunda
Rechouchíame, o blog de tecnoloxia e redes sociais de Praza Pública, estréase cun post sobre a deep web, contidos non indexados por buscadores que representan ao redor do 96% da parte de acceso público da rede.