Fronte común das tres universidades para incrementar a produción científica en galego
Os reitores da USC, da UDC e da UVigo presentaron dous documentos ante o Ministerio de Educación para potenciar o uso e o recoñecemento dos idiomas cooficiais nas publicacións científicas. Apenas o 10% das teses de doutoramento presentadas en Galicia están en galego.