A USC, a exame
A Universidade de Santiago celebrará eleccións a reitor o vindeiro 25 de abril. O anuncio de Juan Casares de que non se presentaría á reelección lanzou unha carreira na que Juan Viaño e Antonio López xa confirmaron a súa candidatura. Pedímoslles a eles e a Lourenzo Fernández Prieto, Juan Lema, José Luis Mascareñas, José Carlos Bermejo e Carlos Pajares que realicen unha radiografía da situación actual e dos retos de futuro da USC.