Pais 2.0: Unha app que avisa cando o cueiro está cheo
O blog Se o vello Sinbad tivese fillos descóbrenos o Huggies Tweet Pee, un dispositivo que detecta a humidade do cueiro e avisa aos pais de que é hora de cambialo.
O blog Se o vello Sinbad tivese fillos descóbrenos o Huggies Tweet Pee, un dispositivo que detecta a humidade do cueiro e avisa aos pais de que é hora de cambialo.
Mugardos acolle esta fin de semana o ciberencontro Kernel 2013, que chega á súa décima edición. O encontro lúdico-tecnolóxico organizado pola Asociación Comunidade O Zulo e o concello chegará até o domingo.
Un estudo defende que Twitter implica un cambio radical na comunicación, e a diferenza de Facebook, dá un servizo puro que se podería valorar financeiramente. Unha primeira conclusión é que esta rede social é "unha boa mostra dunha sociedade", segundo o principio de Pareto.
Dende 1971 a 1973, un equipo de profesionais chilenos, comandados polo británico Stafford Beer, desenvolveu con recursos escasos e creatividade ilimitada un sistema tecnolóxico para poder administrar -a tempo real- as industrias estatais do país. O golpe militar acabou hai 40 anos con todo, tamén con esta iniciativa pioneira
Comunidade educativa, sindicatos e familias denuncian os recortes no profesorado ou nas bolsas, o peche de unidades e o encarecemento dos gastos escolares, mentres a Xunta fala de "total normalidade".
Guerra e tecnoloxía sempre foron unidas pero nunca até agora Internet e as redes sociais tiveran tanto peso en conflitos armados.
A multinacional dirixida por Tim Cook presenta este martes unha serie de novidades, entre as que destacan novos modelos de iPhone, un deles de menor custe. Vén de crearse unha petición online para que incoropore a posibilidade de empregar o galego nos seus sistemas operativos.
O Valedor e a Consellería de Traballo e Benestar publican un tebeo titulado Os perigos de internet para alertar das "ameazas" que poden atopar os adolescentes na rede. Editáronse 30 mil exemplares.
Nas sesións de traballo participan científicos de Europa, América e Asia, baixo a coordinación do proxecto Starting Grant concedido ao investigador da USC Carlos Salgado.
Xeopesca é unha aplicación desenvolvida com licenzas libres co obxectivo de rexistrar a actividade pesqueira dun barco ou dun conxunto de barcos, facilitando o intercambio de información, a análise dos recursos mariños para optimizar as capturas e a comercialización do produto.
Entrevista a Juan Luis Arsuaga, codirector dos xacementos de Atapuerca, que advirte dos riscos de recortar o orzamento para ciencia, un tallo que, ademais, considera innecesario, mesmo nas circunstancias actuais
O Sistema Universitario Galego inaugura o novo curso nun acto marcado polas protestas contra os recortes. O conselleiro de Educación, que presidiu o evento en ausencia de Feijóo, insiste en que as institucións académicas galegas están "mellor" que as do resto do Estado. Galería de imaxes no interior