Xogando 'á maquina' con software libre
A Comunidade O Zulo, de Mugardos, traballa no proxecto de construír unha máquina recreativa galega e de código aberto, un proceso do que se poden seguir todos os pasos na súa web.
A Comunidade O Zulo, de Mugardos, traballa no proxecto de construír unha máquina recreativa galega e de código aberto, un proceso do que se poden seguir todos os pasos na súa web.
Os irmáns Durov, de orixe rusa, son quen están por tras de Telegra, a aplicación de mensaxaría móbil que lle quere plantar cara ao WhatsApp. Os seus valores diferenciais son un cifrado máis seguro, estar baseado en software libre e non perseguir o lucro.
Un grupo de investigadores, entre os que se atopa o galego Roi Villar, puxo en marcha hai unhas semanas unha plataforma de crowdfunding para buscar financiamento para proxectos de investigación científica. Falamos con el.
A iniciativa, que naceu dun proxecto de fin de carreira de Pablo Belay, deuse de alta hai uns días como asociación de Software Libre. Recoñecida con varios galardóns nos seus primeiros meses de actividade, os seus responsables destacan o "interese" espertado no sector
Vigo acolle este venres a celebración dos dous eventos grandes eventos das TIC galegas: os galardóns da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, e o cuarta edición anual do Lacon Network, no que participará Enrique Dans.
A petición, promovida pola campaña #AndroidEnGalego do blog Mallando no Android, vai dirixida a Sundar Pichai, vicepresidente de Google e responsable de Android e Chrome Apps.
Piratas de Galicia lanzaron este sábado un chamamento público a Nito75, o usuario de P2P condenado a perder a súa conexión de Internet, para ter unha entrevista con eles e ofrecerlle asesoramento legal. Os responsables do partido, con quen falamos, cren necesario "reavivar o debate" sobre o intercambio legal de arquivos.
O Goberno galego asegura que está a fomentar a "migración" dos postos de traballo do seu persoal a programas de código aberto, pero segue a esixir o sistema operativo de Microsoft nas compras de novos equipos informáticos.
O avogado David Bravo, experto en propiedade intelectual e dereito informático, analiza a sentenza que obriga a empresa R, que só opera en Galicia, a retirarlle o servizo de Internet a un dos seus clientes por compartir cancións a través dunha rede peer to peer (P2P).
Como pode o banco ou o hospital ter por teléfono garantías de que vostede é vostede e non un impostor, verificar a súa identidade dun modo alcanzable para o sistema? Segundo Elías Pérez Carreira, a solución atópase en IdentityCall, un dos inventos da súa empresa, Quobis, orixinaria do Porriño e premiada co MIT Technology Review Innovadores Menores de 35 en 2012.