Homeopatía? Non sen evidencia
A decisión do Goberno de Rajoy de iniciar a regulación de 19 mil produtos homeopáticos sen esixir probas da súa utilidade esperta unha forte reacción nas redes sociais. Profesionais sanitarios e usuarios promoven o manifesto Non sen evidencia.