Cartos para investigación: escasos e dificilmente executables
A Confederación de Sociedades Científicas advirte non só dos recortes nos orzamentos destinados a investigación, senón do elevado grao de non execución dos mesmos, ao redor do 40%. O pasado ano un de cada tres euros dirixidos aos grupos e proxectos de investigación nas universidades galegas non se puideron gastar.