O investimento en I+D en Galicia retrocede a niveis de 2005
Retrocede até o 0,87%, moi lonxe da media do Estado (1,3%) e de comunidades como Catalunya (1,51%), Madrid (1,8%) ou Euskadi (2,19%). O gasto galego en investigación, que acadou o seu máximo en 2008, leva catro anos en descenso, sobre todo nas entidades públicas e universidades.