A nova entidade denuncia "o estado de conservación do espazo, as obras da colección e a documentación, a ausencia de actividade e de programación fiel aos principios cos que foi creado e o nulo interese en que funcione como o que é"
O pasado mes de xullo o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside foi finalmente declarado como Ben de Interese Cultural, xusto cando o expediente para a protección do edificio e da súa colección estaba a piques de caducar. Agora, un grupo de entidades culturais e sociais e persoas interesadas na defensa do proxecto iniciado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane veñen de constituír a Comisión O Castro.
O obxectivo da Comisión, coordinada por Iria-Friné Rivera Vázquez, é "observar, defender e impulsar que o museo funcione de xeito activo seguindo o espírito co que foi establecido polos seus fundadores".
A nova entidade denuncia "o estado de conservación do espazo, as obras da colección e a documentación, a ausencia de actividade e de programación fiel aos principios cos que foi creado e o nulo interese en que funcione como o que é".
O obxectivo da Comisión, coordinada por Iria-Friné Rivera Vázquez, é "observar, defender e impulsar que o museo funcione de xeito activo seguindo o espírito co que foi establecido polos seus fundadores"
E, no seu manifesto fundacional, esixe á Xunta que estenda a declaración BIC do Museo Carlos Maside a todo o conxunto de Cerámicas do Castro, "xa que este se comprende no seu contexto como parte dun todo, que é a obra de Isaac, e como parte dun conxunto integrado, que son as Cerámicas do Castro".
A Comisión destaca que "ningunha sociedade que se respecte a si mesma quere ver a cultura e a arte que a representa e vive nela ser tratada con degradación, indignidade, indiferenza, frivolidade, interese desleal e ridículo ata o patético e a vergoña allea. Os beneficios de xeito transversal serían maiores de estar en funcionamento".
Mo seu manifesto fundacional, a Comisión esixe á Xunta que estenda a declaración BIC do Museo Carlos Maside a todo o conxunto de Cerámicas do Castro, "xa que este se comprende no seu contexto como parte dun todo, que é a obra de Isaac"
A entidade destaca que o Museo "é unha parte integral de Sargadelos" e constitúe "o epicentro no cal ideas, influencias artísticas, temas, estilos, feitos, artistas, figuras históricas e documentación histórica serven de base para a realización de deseños para cerámica que hoxe teñen un lugar nos fogares así como para unha actitude activa da cultura".
A Comisión nace integrada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a AC Irmáns Suárez Picallo de Sada, a Plataforma Carlos Maside, a Asociación Cultural Lugo Patrimonio, 19 de Meirás, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa dos Veciños, a Rede de Escolas de Ensino Galego – Semente Nacional, Sadamaioría, a Fundación Alexandre Bóveda, a Fundación Manuel María, Federación Galiza Cultura ou Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra entre outras entidades e persoas a título individual.
No manifesto alértase de que "unha porción significativa das obras depositadas no Museo non están incluídas na catalogación realizada para a declaración como BIC, co cal fican desprotexidas
Preséntase ademais cun manifesto fundacional aberto á firma a título individual ou de colectivos que concorden coa "significación e funcionalidade" deste Museo: "a paz e a solidariedade con memoria, a construción colectiva optimista con consciencia e a identidade e a universalidade en acción".
No texto alértase de que "unha porción significativa das obras depositadas no Museo non están incluídas na catalogación realizada para a declaración como BIC, co cal fican desprotexidas, o que aínda é máis grave se temos en conta a falta de sensibilidade de quen xestiona Cerámicas do Castro e Sargadelos a respecto do significado das mesmas desde o plano cultural".