O CCG publica unha novela inédita de Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo en Bos Aires en 1947 © Fundación Otero Pedrayo

A edición dixital que o CCG pon na rede inclúe a reprodución facsimilar do manuscrito orixinal e un estudo a cargo do profesor Xosé M. Salgado. Asinada co pseudónimo Santiago Amaral, Contra el filo del río é unha novela de tema fantástico que dialoga coa tradición europea de E. T. A. Hoffmann

En 1945 Ramón Otero Pedrayo escribiu unha novela, Contra el filo del río, unha obra en castelán ata agora inédita que o Consello da Cultura Galega deu a coñecer este venres a través dunha edición dixital que inclúe a reprodución facsimilar do manuscrito orixinal. Ademais do manuscrito autógrafo (de 68 follas escritas en tinta negra por unha soa cara) a edición inclúe estudo a cargo do profesor Xosé M. Salgado, un dos grandes oteriófilos e oteriólogos. obra ponse na rede na véspera da entrega do Premio Trasalba 2026.

Salgado sitúa a novela no contexto da posguerra, un momento no que Otero Pedrayo, apartado da vida pública e sometido ao chamado "exilio interior", atopou na escrita un espazo de resistencia intelectual. "A escrita vai ser para el un espazo catártico e redentor", sinala Salgado. 

Escrita en Trasalba, divida en nove capítulos e asinada co pseudónimo Santiago Amaral, Contra el filo del río é unha novela de tema fantástico que dialoga coa tradición europea de E. T. A. Hoffmann – no manuscrito pode lerse baixo o titulo “Fantasía al estilo de Hoffmann” - e con obras como El caballero de las botas azules, de Rosalía de Castro. 

Portada da edición en castelán de 'Contra el filo del río' © CCG

Salgado sitúa a novela no contexto da posguerra, un momento no que Otero Pedrayo, apartado da vida pública e sometido ao chamado "exilio interior", atopou na escrita un espazo de resistencia intelectual. "A escrita vai ser para el un espazo catártico e redentor", di

A historia segue a Santiago Cañizares, un estudante madrileño que emprende unha misteriosa viaxe ata Arcaya, unha cidade suspendida entre o tempo histórico, a memoria e a morte. Ao longo do percorrido, o protagonista entra nun universo no que as fronteiras entre o real e o fantástico desaparecen, nun espazo dominado pola néboa, polos dobres, polas aparicións e por personaxes que parecen habitar entre a vida e a morte

Salgado sostén que, aínda que non sexa a súa mellor novela, revela "o excelente novelista que é" e destaca "a mestría que demostra na elaboración da trama" e a capacidade para manter o suspense ata un sorprendente final.

Otero Pedrayo atopou na creación “a áncora da supervivencia” no tempo das “miserias materiais e intelectuais” que o autor sufriu nas décadas dos 40 e 50

Na presentación da edición, a presidenta do CCG, Dolores Vilavedra, destaca "a vasta creatividade" de Otero Pedrayo que atopou na creación “a áncora da supervivencia” no tempo das “miserias materiais e intelectuais” que o autor sufriu nas décadas dos 40 e 50, ao tempo que achega pistas para repensar “o peso de determinados modelos literarios na nosa tradición”.

Otero Pedrayo en marzo de 1958 á saída da Facultade de Xeografía e Historia © Editorial Galaxia

Ao longo deste ano o CCG tamén poñerá en rede outras obras de Otero Pedrayo

A publicación enmárcase na liña de recuperación, edición e difusión do patrimonio bibliográfico e documental, facendo accesibles ao público textos inéditos de especial relevancia para a historia da literatura galega. Ao longo deste ano, no que se conmemora o seu 50º cabodano e do centenario da publicación da Guía de Galicia, o CCG tamén poñerá en rede outras obras de Otero Pedrayo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.