Fran P. Lorenzo gaña o Blanco Amor cunha novela protagonizada pola cidade de Vigo
O xurado escolleu por unanimidade a obra do xornalista, titulada Cabalos e Lobos, que percorre a historia dunha familia viguesa ao longo do século XX. O autor recibirá o galardón o vindeiro sábado 22 en Redondela.