Frei Rosendo Salvado, moito máis ca eucaliptos
O Consello da Cultura Galega acolle os vindeiros 3 e 4 de abril un simposio internacional sobre a figura do frade bieito tudense, que a mediados do século XIX levantou unha misión en Australia e chegou a ser bispo de Perth. Neste ano celébrase o bicentenario do seu nacemento.