Rocha Forte: A maior e máis descoñecida fortaleza de Galicia
O portal web do Castelo da Rocha Forte (www.rochaforte.info) foi recoñecido este venres co premio Eganet ao mellor proxecto de Comunicación Dixital. Permite coñecer un pouco mellor a historia e traballo de recuperación desta fortificación situada ás portas de Compostela.