Miro Casabella: "O PP non me coñece nin me quere coñecer"
A abstención do PP impediu que o Concello do Valadouro aprobara o nomeamento do cantautor, nado en Ferreira de Valadouro, como "fillo predilecto". Os populares xustificaron a súa decisión porque "este señor non fixo nada polo pobo" e "o 80 % dos veciños do non saben quen é".