Sinsal volverá encher San Simón no seu festival 'sen cartel'
Esgotáronse xa as 1.400 entradas para asistir ao evento, que terá lugar nesta illa o 27 e o 28 de xullo. Ao igual que nos dous últimos anos, a decena de artistas e bandas que ofrecerán concertos seguirá sendo unha incógnita até o mesmo día do festival.