Cultura
O regreso de The Homens..., só por un día e en sesión vermú
A banda compostelá ofrecerá un concerto este sábado ao mediodía en Compostela, xunto con Samesugas. É a súa primeira actuación en dous anos. Falamos co seu vocalista, Martiño, que aclara que isto non supón o retorno do grupo e di que "estamos pensando en recuperar as camisetas de raias a ver se collemos nelas”.
Uns cannoli en Taormina
Xosé Manuel García
O Festival de Poesía do Condado chama á "desobediencia"
O evento busca financiamento a través do crowdfunding. O 30 e 31 de agosto Salvaterra acollerá unha nova edición do festival, coa participación de Elvira Riveiro, Chus Pato, Celso F. Sanmartín, Dores Tembras, Alfonso Pexegueiro, Séchu Sende ou Mário Regueira.
'O instante eterno' de Díaz Castro
Xa se pode ver un teaser de máis de nove minutos do documental sobre a obra e a vida do poeta homenaxeado nas Letras do vindeiro ano, no que vén traballando Xosé Antón Cascudo desde o 2011, en estreita colaboración coa Asociación Cultural Xermolos.
Roubaron o cráneo de Castelao?
Este martes preséntase na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Compostela, O Crânio de Castelao, coa presenza de Antón Lopo, Quico Cadaval, Suso de Toro, Xavier Queipo e Carlos Quiroga. Na obra participan tamén autores de Portugal, Brasil, Cabo Verde e Timor.
Electróns libres (a cabeza non para)
Carlos Negro
Arquivos fotográficos, “o pasado sempre forma parte do futuro”
As vilas non queren esquecer o seu pasado. O Concello de San Sadurniño, o de Rois ou o de Mesía son tres exemplos de municipios que realizaron unha campaña de recuperación fotográfica da historia das súas vilas e veciñanza.
“Todo o mundo ten dereito a tomar conciencia cando lle toca”
O xornalista Iago Martínez inaugurou no 2012 Disimulen, un programa na Cuac FM onde as ideas e a música poden fundirse nunha mestura cando menos rechamante. Este sábado 20 celebra na sala Mardi Gras da Coruña a festa de peche da primeira tempada do programa, cos concertos de Volonté e Das Kapital.
A arte urbana toma as rúas de Ordes
Celébrase a sexta edición de DesOrdes Creativas, o Festival Internacional de Arte na Rúa na vila de Ordes. Mr. Thoms, Escif, Zosen ou o galego Isaac Cordal son algúns dos 13 participantes que realizarán intervencións artísticas por todo o casco urbano. Durante toda a semana tamén se realizará un ciclo de curtametraxes e pezas documentais, así como un concerto na clausura do festival.
“Agardabamos a modernidade, pero todo quedou no que a socialdemocracia europea quixo que quedase”
Se a anterior novela de Xabier Paz, Renacer, tiña moito que ver coa memoria, a nova, As vidas de Nito, afonda na mesma cuestión. As experiencias e as razóns dun vello que, neste caso, fracasou na súa vida afectiva mentres se entregaba a unha causa política.
Nace Creatorio, directorio de creadores galegos
Este espazo dixital recompila información sobre ilustradores, fotógrafos, artistas, deseñadores, artesáns..., para "dar visibilidade a un sector emerxente pouco coñecido" e "crear unha relación directa entre cliente-creador".