Cultura
Que a voz de Rosalía ilumine os muros!
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) inicia o programa de actividades dedicadas á poeta, promovendo a realización de graffitis nos que os versos de Rosalía sexan protagonistas.
Mosaicos que cambian un barrio
O deseñador galego Pancho Lapeña participou esta semana en Chile na 1ª Intervención Urbana Internacional de Mosaicos, colaborando nunha obra colectiva de 200 metros cadrados que xa se converteu nun símbolo da municipalidade de Puente Alto, nos arrabaldes de Santiago.
"Non quero mostrar a neutralidade da vida, a vida non é neutral"
Samuel Solleiro (Tui, 1982) presentou hai uns días o seu poemario Punk (Edicións Corsarias) en Compostela. Entrevista de Ramón Mariño
“Inocular fascismo é a forma de evitar que os súbditos se constitúan como cidadáns”
Un novo xeito de escravitude converte o ser humano nun máis dos engrenaxes da máquina produtiva. Este é o panorama que debuxa a ensaísta Rebeca Baceiredo no seu novo libro, A revolución non vai ser televisada
Redescubrir a Plácido Castro
Xulio Ríos
"Se a enfermidade de Rosalía fose máis lenta, hoxe teriamos un libro máis dela"
María Xesús Lama, profesora que atopou tres poemas inéditos da autora, cre "extraordinaria" a información que sobre a última etapa literaria da autora nos achegan os manuscritos.
Héitor Picallo: Pola bandeira da lingua
Armando Requeixo comenta a publicación por Toxosoutos do volume compilatorio Coa lingua na Terra, que parte dos artigos periodísticos cos que Heitor Picallo Fuentes se fixo merecedor do Premio Reimóndez Portela
Un facho aceso 50 anos
A Asociación Cultural O Facho celebra este venres na Coruña o seu medio século de vida cunha conferencia de Ricardo Gurriarán e unha cea de irmanamento.
Alumnos de Belas Artes íspense para difundir a creación artística da súa facultade
Seis alumnos e alumnas da facultade pontevedresa posaron nús e núas, cubertos con algunha das súas obras, unhas imaxes que posteriormente conformaron un calendario composto como un cubo.
Por que ler Oink!?
O lanzamento de Oink! o verán pasado foi acollido con entusiasmo en medios dixitais e redes sociais, ao non existir no mercado ningunha revista en galego dirixida a cativos. Mais a lingua, que foi percibida coma o auténtico valor engadido da publicación, non é o seu único elemento diferencial. Tamén o é o tratamento que nas súas páxinas recibe a banda deseñada.
"O termo de 'memoria histórica' está mal aplicado, porque é un asunto de actualidade"
Xosé Abad estreou hai unhas semanas na Coruña o seu documental A pegada dos avós, no que afonda en varios personaxes que sufriron a represión franquista, pero faino a través da investigación e as reflexións dun grupo de adolescentes. Proxéctase este venres en Ferrol