Marcinelle en galego, Os Centauriños
Eduardo Maroño descóbrenos no blog Quadriños a obra do historietista belga Pierre Seron, do que se publicaron tres volumes en galego a través de Xerais.
Eduardo Maroño descóbrenos no blog Quadriños a obra do historietista belga Pierre Seron, do que se publicaron tres volumes en galego a través de Xerais.
Case trescentas sinaturas de profesores universitarios, alumnos e tamén reitores e decanos de centros de todo o planeta apoian esta demanda, canalizada a través da lista de correo González-Millán Galician Studies
O blog Cinema na Praza David González fai un repaso polas estreas máis recentes e polos títulos que chegarán ás pantallas ao longo deste mes: Xavier Dolan, Olivier Assayas, Ben Wheatley, Abdellatif Kechiche...
Os autores foron premiados por Cadeas e O castañeiro de abril, respectivamente, nunha gala onde o director da editorial reclamou "maior atención para o mundo do libro e da cultura" en tempos de crise.
Galaxia presenta A cociña dos Cunqueiro, unha obra que recolle oitenta receitas orixinais de Elvira González-Seco, dona do escritor. O seu fillo, César Cunqueiro prologa o libro, editado por Miguel Vila, Colineta.
As asociacións Cultura do País e LugoPatrimonio diríxense á Xunta e a Fomento para instalos a deseñar un novo trazado da infraestrutura e evitar a división e destrución dos restros castrexos
O Museo do Pobo organiza o 15 de xuño un foro bautizado co nome do creador de Sargadelos que explora "a tradición como fonte de innovación e factor de excelencia”. Daranse a coñecer experiencias galegas, portuguesas ou francesas.
O 28 de xuño celebrarase a segunda edición deste festival que se desenvolve a bordo dun barco que navegará pola noite pola Ría de Arousa. Niño y Pistola, Músculo!, Cazador, Disco Episcopal e She´s in parties DJ poñerán música a unha festa pop con prazas limitadas.
O 21 e 22 de xuño celébrase en Sigüeiro a segunda edición deste festival de música, que reunirá a O Caimán do Río Tea, Yakuzas, Tony Lomba, Familia Caamagno, Samesugas, The Fuzzbombs ou Camarada Nimoy.
O centro que leva o nome do autor de Nimbos presentará este xoves un documental sobre o poeta, A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro, que nas vindeiras semanas se proxectará en distintas cidades co obxectivo de promover a súa figura.
A partir do 5 de Xuño o público poderá achegarse a parte da xenial obra do artista lugués Baldomero Pestana, no Museo do Pobo Galego. Un histórico da fotografía americana -conserva mais de 17.000 negativos-, debuxante, pintor, e un galego universal.
Os actores Pepe Penabade e Carlos Santiago codirixen República de Gundián. Sainete futurista, un espectáculo da compañía de teatro amador Andaravía. Falamos cos dous teatreiros nunha longa entrevista sobre a montaxe, a crise do sector, a situación da profesión.