Cultura
Chegan os concertos 3.0: dende un teatro para toda Galicia
O Taller Atlántico Contemporáneo pon en marcha o ciclo TAC 3.0, que de xaneiro a maio ofrecerá cinco concertos dende o Teatro Principal de Compostela, que poderán ser seguidos en streaming dende concellos, institucións educativas e musicais, museos e salas de concertos de toda Galicia
“Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres”
Manuel Portas volve, na súa nova novela, contarnos a historia desde abaixo, como fixera en Denso recendo a salgado e en Un dedo manchado de tinta. En Faneca Brava as claras protagonistas son mulleres, marcadas por un tipo de represión e de violencia da que non se fala moito cando se lembra a ditadura: a sexual.
'Fóra de lugar: Amador Fernández-Savater: Conversas para alén da política
Nova dereita, afectos, confianza, inimigo, malestar social, medo ou nova politización son apenas algúns dos tags que entrelazan e unen diferentes entrevistas xurdidas no desaparecido xornal Público e recompiladas no volume Fuera de lugar: Conversaciones entre crisis y transformación
“Como autor, non me gusta a cultura da queixa”
O novo libro de Manuel Veiga é unha novela de xornalistas. Dun tipo de xornalismo que naceu coa Transición, coas esperanzas postas no futuro e nunha transformación real da realidade. Mais tamén é a crónica dun desencanto. Chámase Os xornalistas utópicos. E mestura a memoria do autor coa ficción.
Toñito Blanco, 20 anos despois da 'Matanza Caníbal'
O Freakemacine, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, homenaxea este domingo o lembrado director, un dos pioneiros do audiovisual galego, celebrando ademais o vinte aniversario de A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, primeira mostra do gore galego
Irimia
Xosé Vázquez Pintor
'Operario': Unha fábula obreira
Eduardo Maroño salienta en Quadriños, o blog de Praza dedicado á banda deseñada, a publicación de Operario (Demo Editorial), unha fábula sobre as relacións de traballo e a xustiza social coa que se inaugura a colección Demográfica.
Chantada Films: "Baixo a terra non só hai merda. Está o mellor"
A XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo dedica ao longo desta semana un ciclo á produción de Chantada Films, unha pequena produtora independente que leva trece anos poñendo en imaxes un bo número de historias, unidas na etiqueta de Rural Undergrond
A Xunta reduce á mínima expresión as axudas á produción audiovisual en galego
Agadic vólvelles pasar a tesoira ás súas axudas para producir e coproducir traballos audiovisuais "con decidido contido artístico e cultural" e acumula un recorte de case un 80% dende o retorno do PP á Xunta
Sobre a 'Arqueoloxía pública'
O blog Alicerces, centrado no patrimonio cultural galego, reflexiona sobre a chamada arqueoloxía pública, realizada por non profesionais, e alerta das que ao seu xuízo son as súas eivas e perigos.
'Inmateriais' de Suso de Toro: Voces do Alén
Armando Requeixo comenta este luns a última obra de de Suso de Toro, que destaca que "non escribe para compracer" e que "o seu non é agradar aos seareiros deste ou daquel deus literario e iso, xa se sabe, a algúns fáiselles notoriamente incómodo"