Cultura
Porto xa soa a Primavera
O xoves comeza o Optimus Primavera Sound con Nick Cave, The Breeders, Deerhunter, Blur, Grizzly Bear ou My Bloody Valentine como estrelas. Milleiros de galegos e galegas volverán baixar até o Douro seguindo a música.
Cans xa ten gañadores!
O Festival de Cans vén de anunciar os seus gañadores e gañadoras á falta de coñecer os premios do público ás mellores curtametraxes de ficción e de animación.
Libros
Cristina Corral Soilán
'Cara a Cara coa Vida', cinema que axuda
Este venres proxéctase en Ourense este documental producido por Alba Casas e coproducido por Aira Studio sobre a vida de Ana, unha nena de Valdoviño con problemas de saúde.
Telephones Rouges, Uxía, Terbutalina e Xoán Curiel, candidatos aos Premios da Música Independente
Son os nomeados na categoría de mellor álbum en lingua galega, nuns galardóns que teñen a John Talabot, Niños Mutantes, Hidrogenesse ou La Bien Querida como favoritos e a Xoel López candidato a dous galardóns. Os gañadores serán escollidos por votación popular dos internautas.
Arranca o Festival de Cans co 'Día dos Veciños'
Este mércores proxectarase tamén o documental Fraga e Fidel, sen embargo, de Manuel Fernández-Valdés, presentarase a revista oficial do festival, CanZine, e haberá un pase do filme Ciudadano Cans, sobre o nacemento do festival, con coloquio posterior co director do festival e os seus fundadores
Heredeiros da Crus reparten entradas para o concerto de presentación do seu novo álbum
Ao longo deste martes a banda repartirá de balde cinco entradas dobres que están agochadas nalgún lugar de Lugo, Ourense, Compostela, Vigo e A Coruña. Ordes acollerá este venres o concerto de presentación de Jard Rock con Fe.
A memoria musical do barrio máis 'denso'
Un bus urbano acolle a presentación de 'Música en branco', proxecto que recolle e difunde a memoria sonora do popular barrio coruñés da Agra do Orzán. Vídeo no interior.
Historias e visións dun veto a Vidal Bolaño
Repasamos o affaire Portomeñe, un enfrontamento de ideas e palabras entre o daquela conselleiro de Cultura e o escritor nos primeiros pasos do Centro Dramático, que lle pecharía as portas en 1985 ao non ser aceptado como actor para a montaxe de Follas novas, e que abriu un debate sobre a autonomía teatral no seo da profesión
O “sotaque” de Aurelia
Mariña Pérez Rei
'Esplendor Arcano', de Ramiro Torres
Esplendor Arcano, de Ramiro Torres, é o primeiro livro tanto do Grupo Surrealista Galego como do seu autor. Dividido em três partes: Campos de visão, Casa do despertar e Terra da iminência,