Cultura
Cans aposta polo patrocinio privado "ante a incerteza" das axudas da Xunta
O festival busca involucrar empresas de diferentes tamaños e sectores, ofrecéndolles ás marcas a oportunidade de darse a coñecer dunha maneira orixinal, para acadar o obxectivo de depender na menor medida posible das axudas públicas
Memorias do 'Movemento'
Xosé M. González
A música de fondo de Riveiro Coello
Armando Requeixo fálanos esta semana do último libro de relatos de Antón Riveiro Coello, Acordes náufragos (Galaxia), relatos de naufraxios, no mar ou na terra, relatos de amor, ademais, en todos os casos
A redención de Castelao
Craig Patterson vén de publicar en Interventions: International Journal of Postcolonial Studies un traballo que analiza a evolución do intelectual, dende visións "claramente racistas" en escritos e debuxos até posicións máis abertas a partir da Guerra Civil e o exilio. O investigador aposta pola "desmitificación" e por facer fincapé neste cambio interior como un elemento positivo.
Galicia perdeu 350 mil espectadores de cine dende 2007
Neste mesmo período, o prezo das entradas incrementouse nun 17%. A única provincia que non perde espectadores é Ourense, onde o único cinema da cidade, os Cinebox, podería pechar.
O Centro Galego de Fotografía segue sen data de apertura
O Concello aproba destinar 380 mil euros para acondicionar o interior, pero non confirma cando se poderá inaugurar o espazo, un proxecto que acumula un atraso de dous anos e medio. O BNG acusa a Caballero de "falta de vontade política" e alerta da degradación dalgúns fondos.
Agustín Fernández Paz, o rei dos clubes de lectura galegos
Destaca por diante de Jordi Serra i Fabra, Laura Gallego, Miguelanxo Prado e Fran Alonso nos libros empregados no último ano polos 222 espazos de lectura dos centros de ensino de Galicia. O libro máis lido, con todo, foi O curioso inceidente do can á medianoite, de Mark Haddon
Fin das baduadas: a modo de manifesto que non o é
Xesús González Gómez escribe sobre os poemarios Versos Fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro e Esplendor arcano, de Ramiro Torres. Destaca que "de agora en adiante, cando se fale de surrealismo na literatura galega falarase con propiedade, sen necesidade de contarmos historias non verdadeiras e de inventarmos o que nunca existira até hoxe"
Cineuropa, o festival iluso
Como Los ilusos, Cineuropa tamén se fai a si mesma, proxectando películas e convidando a que o espectador dialogue con elas para atopar o seu camiño. Un festival entre tempos, un festival soñador, un festival iluso.
“Nos 70 había polo menos conciencia de que había que loitar. Agora a sociedade parece rendida”
Rosa Aneiros publica Ámote Leo A (Xerais). Leo é unha muller na procura da liberdade, como tantas outras das personaxes da autora, coa que falamos nesta entrevista.
O Culturgal supérase e consolídase como o grande escaparate da cultura galega
A feira de industrias culturais pechou este domingo a súa última xornada con máis de 14.000 visitantes nos tres días, un novo éxito de público que lle permitiu "incrementar as xa amplas cifras da edición anterior"