A orde do mundo
Armando Requeixo ofrécenos esta semana a recensión de A música das esferas (Euseino?) do poeta, ensaísta e editor Carlos Lema.
Armando Requeixo ofrécenos esta semana a recensión de A música das esferas (Euseino?) do poeta, ensaísta e editor Carlos Lema.
Un informe do Observatorio da Cultura Galega denuncia que, aínda que o descenso é xeral en todo o Estado, o galego é a lingua máis afectada. A Asociación de Editores denuncia que nos orzamentos de 2014 haberá 440.000 euros menos para o libro.
Este domingo, no marco do Culturgal, o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) organizará unha interpretación colectiva do Eine Brise de Mauricio Kagel, para a que pide a colaboración de ciclistas voluntarios
Nalgúns contextos, resulta unha tarefa complicada establecer un debate aberto sobre a familia sen que certos sectores traten de impor o seu modelo “tradicional”. A pasada semana en Cineuropa proxectáronse tres longametraxes que serven ao caso.
Xulio Pardo de Neyra, profesor da UDC, vén de publicar un estudo e edición de Margarida a da sorrisa d'aurora, "o primeiro conto infantil galego de autor", escrito por Evaristo Correa Calderón en 1927. Falamos con el sobre o papel da historiografía na construción nacional.
Tomar partido. Interiorizar a violencia que sufriu a xeración máis empobrecida da posguerra e reaccionar ante ela. Ese é o cerne de transmuta (Xerais), o poemario co que Xabier Cordal gañou o Premio da Crítica 2013.
Ir a cegas ao cine é algo recomendable, e imprescindible, en marcos como o que ofrece Cineuropa estes días en Santiago de Compostela. As entradas a prezos máis que razoables (4 euros) e o amplo abano de oferta cinematográfica permite que ir a cegas ao cine sexa unha especie de aventura cara ao descoñecido.
José Sacristán recibiu este sábado en Compostela o premio Cineuropa e debullou ante o público do festival a súa traxectoria no cinema, ademais doutras moitas cuestións sobre a actualidade da produción cinematográfica en España. Unha crónica de Marga Tojo.
Esta fin de semana entregouse en Fene o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. O gañador, Francisco Cortegoso, atópase nestes momentos na India, e enviou un discurso que foi lido por Gonzalo Hermo
Miguel Anxo Murado presenta La invención del pasado, unha forma de cuestionar a visión da historia como verdade revelada e promover unha achega crítica e escéptica á mesma
Xavier Dolan volve a Cineuropa co seu cuarto filme, un exercicio cheo de enerxía, sensualidade e terror que foxe da adscrición a calquera xénero.