David Reinero

Unha ducia de xentes do deporte metidas na política (ou viceversa)

Con varias eleccións convocadas en menos dun mes, haberá que estar en boa forma física. A proposta de Pepu Hernández como candidato do PSOE á alcaldía de Madrid e o nomeamento do tamén adestrador de baloncesto Javier Imbroda como conselleiro en Andalucía permítenos lembrar unha ducia de xentes galegas do deporte metidas na política (ou viceversa).

  1. 01

    David Cal

    Con cinco medallas olímpicas, David Cal é o deportista galego máis galardoado da historia. Nas municipais de 2011 formou parte da lista que encabezou o popular Telmo Martín como candidato á alcaldía de Pontevedra. Non lograron facerse con ela e tanto Martín como Cal renunciaron a ser concelleiros.

  2. 02

    José Ramón Lete Lasa

    O máximo responsable autonómico do deporte en Galicia, secretario xeral da Xunta e anteriormente tamén responsable deportivo no Goberno de Rajoy e na Comunidad de Madrid, foi xogador de baloncesto en diversos equipos, entre eles Breogán, Obradoiro e Estudiantes.

  3. 03

    Marta Míguez

    Cinco veces campioa de España de xavelina e olímpica en Sidney 2000, Míguez ocupou a secretaría xeral para o Deporte mentres Lete Lasa estivo á fronte do Consejo Superior de Deportes estatal.

  4. 04

    Germán Castrillón

    Seis veces campión de Galicia de rally, Castrillón é alcalde de Cabanas polo PP  e agora aspira a selo en Narón

  5. 05

    Chus Lago

    A alpinista foi 'número 2' na primeira candidatura do socialista Abel Caballero á alcaldía de Vigo e posteriormente concelleira de Medio Ambiente

  6. 08

    Bebeto

    Galego de Riazor, Bebeto entrou en política en 2010 como deputado rexional en Brasil do socialdemócrata Partido Democrático Laborista. Nas últimas eleccións brasileiras, no entanto, apostou abertamente polo ultradereitista Bolsonaro.

  7. 09

    Rafael Louzán

    Ex-presidente da Deputación e do PP de Pontevedra, en decembro de 2010 Louzán fíxose coa presidencia da Federación Galega de Fútbol tras construír previamente desde o ente provincial 70 campos de herba artificial.

  8. 11

    Horacio Gómez

    Tamén presidente de Primeira División e político foi Horacio Gómez, á fronte do Celta entre 1995 e 2006 e 'número 2' do PP en Vigo nas municipais de 1999.

  9. 12

    Guadalupe Murillo

    Deputada autonómica do PP, Murillo , empresaria conserveira, é presidenta do Pontevedra e secretaria do consello de administración do Obradoiro.