200 concellos perderon na última década máis dun terzo das súas granxas de gando bovino
No conxunto do país o descenso foi do 33%, máis acentuado nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense e menos na de Lugo. Lalín é o concello con máis explotacións, seguido de Vilalba, A Estrada, Lugo e Santa Comba, e é tamén o que reúne un maior número de vacas (15.116), por diante da Pastoriza, Mazaricos e Sarria