Galicia lidera a caída da produción industrial no Estado
Descende un 2,3%, acumula a súa sexta caída consecutiva e é a maior diminución de entre as tres únicas autonomías que rexistran taxas negativas, fronte á media estatal, que sobe un 3,6%.
Descende un 2,3%, acumula a súa sexta caída consecutiva e é a maior diminución de entre as tres únicas autonomías que rexistran taxas negativas, fronte á media estatal, que sobe un 3,6%.
Vén de crearse a Rede SAL, que busca agrupar as cooperativas galegas sen ánimo de lucro. Realizará senllas presentacións este venres en Lalín e o sábado en Redondela, acompañadas de entidades de Cataluña, Euskadi e Madrid. Falamos con Marta Rodríguez, de Cousas da Terra
O número de desempregados rexistrados aumenta en 5.841 persoas en outubro polos despidos no sector servizos tras a fin do verán. As afiliacións á Seguridade Social descenden en case 4.000 malia o aumento que se dá no conxunto do Estado.
"A última palabra sobre o futuro de Ence en Pontevedra é allea á Xunta", asegurou no Parlamento o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, preguntado sobre se o Goberno galego ía exercer as súas competencias para evitar a permanencia da factoría en Lourizán.
ENTREVISTA Joám Facal vén de presentar a súa tese de doutoramento na USC, centrada na historia do Banco Olimpio Pérez, unha das entidades financeiras galegas pioneiras. Falamos con el sobre a súa historia e sobre a evolución do sistema bancario galego.
Dende o 2007 residen en Galicia 135 mil persoas menos con idades entre os 16 e os 35 anos, un descenso do 20%. A evolución mantense. Antes do comezo da crise este sector de idade representaba o 24% do total da poboación, hoxe é o 19%.
O 12,2% dos galegos e galegas non teñen ingresos abondo para poder manter as súas vivendas cunha temperatura axeitada. O Bloque pedirá no Parlamento a modificación da Lei de protección das persoas consumidoras e usuarias
Tan só un de cada tres desempregados galegos percibe algunha prestación, unha desprotección que aínda é moito peor entre os mozos, dos que apenas un de cada dez que non teñen traballo cobra algo.
Ante o suba do prezo da electricidade xurdiron moitas alternativas para escapar do oligopolio das grandes compañías. Cooperativas, comercializadoras independentes (cuxos prezos poden ser comparados doadamente) ou compras colectivas, coma a que a OCU organiza esta semana.
Mondoñedo acolleu esta fin de semana a novena edición deste encontro, organizado pola Plataforma Rural e acollido polo Sindicato Labrego Galego, e no que participaron 200 persoas chegadas de todo o Estado.