Gowex asumiu a wifi de Ourense cando xa falsificaba as súas contas
A empresa inmersa nun escándalo financeiro ten contrato co consistorio ourensán ata 2016. O seu conselleiro delegado, Jenaro García, asegurou a finais de maio que estaba a negociar con "outras capitais galegas" para implantar o seu servizo de wifi nelas.