A Xunta ignora canta auga consome ENCE dende 2011
O Goberno galego facturoulle á papeleira da ría de Pontevedra algo máis de millón e medio de euros en concepto de canon da auga dende o segundo semestre de 2012.
O Goberno galego facturoulle á papeleira da ría de Pontevedra algo máis de millón e medio de euros en concepto de canon da auga dende o segundo semestre de 2012.
Na última década o número de persoas extranxeiras que visitaron Galicia creceu un 14,48%, moi por debaixo da media española (19,27%) e cun incremento baseado unicamente nos efectos dos anos xubilares de 2004 (+59%) e 2010 (+24%).
As cooperativas agroalimentarias galegas creceron un 13% en facturación e un 7% en volume de emprego nos últimos cinco anos, como se destacou na XXVI Asemblea Xeral de AGACA.
Os sectores con maior presenza de empresarias non chegan ao 35% de mulleres na creación de novas sociedades mercantís. No que vai de 2014 naceron 2.500 compañías no país e só 665 tiveron mulleres entre as súas fundadoras.
A petroleira mexicana vende as súas accións na española pola súa "baixa rendibilidade" e fai retornar as incertezas a investimentos como a prometida instalación no porto exterior da Coruña.
A maior parte das baixas no número de demandantes de emprego non se deben a novos contratos, senón á non renovación das solicitudes. Tan só o 0,66% da caída do paro en Galicia en 2014 ten a súa orixe en traballos ofrecidos polo servizo público de colocación.
Segue habendo 263.444 galegos e galegas inscritas como demandantes de emprego. No conxunto do Estado o desemprego cae en 111.916 persoas, até as 4.572.385. Só o 53,66% das paradas e parados galegos reciben algunha prestación. E só o 9% dos contratos son indefinidos.
Os datos publicados polo INE na súa Enquisa de Condicións de Vida destacan que a porcentaxe de persoas que en Galicia sofren problemas económicos, en maior ou menor grao, se incrementou nun ano do 63% ao 72,3%, cinco puntos por riba da media española.
O sindicato sinala a empresa Sistemas de Ingeniería Global (Siglobal), en concurso de acreedores, que lles tería imposto a 30 operarios nun parque fotovoltaico xornadas de máis de 24 horas sen case descanso, escaseza de comida e falta de hixiene. Ademais, non cobraron o seu soldo.
A taxa de risco de pobreza supera o 17% en Galicia, que lidera por abaixo o ránking de familias con carencias enerxéticas no Estado. O 13,3% delas non poden permitirse manter a vivenda cunha temperatura axeitada e case catro de cada dez non son quen de asumir gastos imprevistos.
O "tícket enerxético" anunciado por Feijóo no derradeiro día de campaña apenas cobre dous meses de gasto medio en electricidade dos fogares galegos que ingresan menos de 1.000 euros mensuais.
UGT presenta o informe A crise e as desigualdades, no que alerta do alargamento dos desequilibrios en favor dos beneficios empresariais e das grandes rendas. Esixe que os 300 millóns de euros que o Estado aforrará este ano en prestacións por desemprego en Galicia vaian para os máis desfavorecidos