Economía
Máis de 190.000 parados galegos non cobran prestación ningunha
A taxa de protección en Galicia sitúase no 35,4%, máis de vinte puntos menos que a taxa de cobertura, que só inclúe os parados rexistrados e non se basea na EPA. Vinte mil persoas viven soas en Galicia e non teñen ningún ingreso.
Son necesarias unha autoestrada e tres autovías paralelas en Pontevedra?
A SGHN vén de presentar ante o Goberno central un novo escrito sobre o proxecto de Autovía A-57 (Pontevedra-Porriño), denunciando o malgasto de recursos nunha infraestrutura innecesaria, que se uniría á nova A-59 (Vilaboa-Peinador), á autovía A-55 (Vigo-Porriño) e á AP9, de pago.
O paro desbócase en Galicia e desmonta o triunfalismo da Xunta
O país conta con 16.100 parados máis que hai tres meses e 9.100 máis que hai un ano e é a primeira autonomía onde máis sobe no último ano o número de desempregados, que se sitúa xa nas 296.900 persoas.
A parálise de Navantia anticipa un 1º de maio quente en Ferrol
Ás habituais manifestacións convocadas polos sindicatos, que se prevén moi numerosas, únense outras mobilizacións dende este martes. O xoves, ademais, un grupo de cidadáns chaman a "rodear o Concello" durante todo o día para esixir medidas para paliar a difícil situación da comarca.
Galicia sofre a incidencia de sinistros laborais graves máis alta do Estado
Lidera o índice de sinistros de gravidade en España e ocupa o terceiro posto en canto a sinistros mortais, segundo denuncian CCOO e UGT, que culpan destes malos datos á "austeridade, os recortes e a falta de políticas públicas".
A nova EPA dálle 1.000 parados menos ao bipartito e 4.000 máis a Feijóo
A Enquisa de Poboación Activa adapta o seu cálculo aos datos do censo de 2011 e indica que en Galicia hai 3.100 persoas máis sen traballo pero unha taxa de desemprego unha décima menor á indicada ata agora.
Días de aforro, parsimonia e competitividade
José Luis Sucasas
A metade da poboación galega xa centra a súa vida nas cidades
Case millón e medio de persoas desenvolven as súas actividades cotiás nos sete grandes núcleos de poboación do país. Compostela é a cidade na que a poboación flotante ten máis peso.
Os madeireiros galegos inician unha folga contra as grandes papeleiras
Máis de 150 pequenas e medianas empresas do sector acusan Ence, Portucel e Celvi de chegar a un acordo de prezos para rebaixar nun 10% o que pagan pola madeira e así expulsar do mercado os intermediarios.
A economía galega: breve balance das tres últimas décadas e perspectivas de futuro
Publicamos de xeito conxunto as nove análises de Manuel González que durante as últimas semanas puidestes ler en Praza. O obxectivo fundamental deste artigo é analizar e interpretar a situación actual da economía galega así como presentar unha reflexión sobre os retos aos que se enfronta no futuro inmediato.
Un lugar para 'arrincar'
O 9 e 10 de maio celebrarase en Santiago o evento Arrinca 2014, que busca "axudar a xente cunha idea de negocio para que poida desenvolvela e facela realidade"