As eivas do Observatorio Europeo do Leite
A Comisión lanza un mecanismo para analizar a evolución de prezos, produción, reservas e futuro do sector, pero non prevé achegar datos sobre os custos de produción, tal e como critica o SLG, que pide mellorar tamén os "deficientes" instrumentos de intervención no mercado.