Que cadro marcar na declaración da renda?
As oenegués galegas iniciaron a pasada semana unha campaña para pedir que os e as contribuíntes marquen o cadro de fins sociais, co que se financian proxectos solidarios. Outras entidades, como Europa Laica, piden que non se escolla ningunha das opcións, pois a Igrexa obtén financiamento por todas as vías.