Economía
Un Día da Clase Obreira Galega con máis motivos ca nunca
Os sindicatos conmemoran o 10 de marzo, 42 anos despois de que Daniel e Amador fosen asasinados nunha protesta en defensa dos convenios do naval. Hoxe as centrais piden salvar a negociación colectiva e emprego digno nun país e nunha comarca que sofre unha crise histórica.
Amancio Ortega, o industrial téxtil con pés de ladrillo
A traxectoria do fundador de Inditex lábrase agora no mesmo esquema de crecemento e da desfeita ibérica, pero faino ao grande, aproveitándose das gangas de alta gama que a crise situou no mercado para crear un patrimonio inmobiliario de 3.600 millóns de euros.
Nace a primeira comercializadora de electricidade exclusivamente galega
Enerxía Galega Máis, con sede en Vigo, presenta distintas fórmulas para os consumidores, dende unha tarifa plana eléctrica até a promesa de ofrecer prezos máis baixos acudindo ás poxas de enerxía.
A epidemia silenciosa
Celia Fernández
Case 60.000 mulleres galegas novas tiveron que emigrar desde o inicio da crise
O informe da CIG sobre a situación laboral feminina destaca que a recesión e as políticas laborais do PP obrigaron a marchar de Galicia a máis de 58.000 mozas de entre 15 e 34 anos desde 2008.
A Comisión Europea pon ao descuberto as mentiras do Goberno sobre o dique flotante
O comisario Almunia sinala que dende novembro agarda que o Executivo de Rajoy lle envíe unha documentación adicional imprescindible para que as autoridades europeas estuden o proxecto. O PSdeG acusa o PP de "escudarse" na UE para non construír o dique.
A economía galega (IV)
Manuel González López
O descoñecido resultado das subvencións da Xunta ao coche eléctrico
O Bloque logra o apoio do Parlamento para que o Goberno elabore un informe sobre os resultados das súas subvencións aos automóbiles impulsados por electricidade. Só en Citroën Feijóo admitiu unha achega de case 11 millóns de euros.
A crise dispara o risco de exclusión social entre as mulleres galegas
A metade das paradas galegas sono de longa duración e máis da metade destas levan dous ou máis anos en paro, segundo un informe de CCOO que destaca que as políticas da austeridade e a reforma laboral que "están a provocar un intolerable retroceso na igualdade”.
O paro descende en mil persoas en febreiro en Galicia
O desemprego baixa en febreiro en España por vez primeira dende o inicio da crise. Hai 1.949 persoas desempregadas menos e 38.964 afiliadas máis á Seguridade Social. En Galicia hai 1.006 persoas menos en paro.
A crise aumenta a parcialidade e temporalidade da muller traballadora
Máis do 75% do emprego a tempo parcial en Galicia correspóndelle ás mulleres e unha de cada catro ocupadas traballa a media xornada, xeralmente no sector servizos. Consulte o informe sobre o mercado laboral feminino.